Xénese

Logo dun xantar na montaña mañonesa, un grupo de amigos da contorna con intereses e preocupacións semellantes polo patrimonio da Serra da Faladora, decidimos crear unha asociación que tivese na súa orixe unha liña de traballo constante, necesaria e optimista con adn galego para por medio de actividades variadas e rodeándonos de persoas cualificadas dar a coñecer tanta riqueza como a zona xeográfica que abrangue dita serra.

Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Ourol, As Pontes e Muras; os Concellos que abrangue a Serra da  Faladora, que imos percorrendo nun sendeiro cheo de historia, arqueoloxía, medio ambiente e natureza, língua, gastronomía, música e cultura en toda a extensión da palabra.

Como punto de partida escollemos afondar na vida e obra do prestixioso arqueólogo, estudioso e historiador, nado no Barqueiro, Federico Maciñeira e Pardo de Lama. Para guiarnos polos moitos e diferentes contidos da súa biografía contamos coa imprescindible axuda do noso amigo Lois Armada Pita, veciño de Cariño, reputado arqueólogo e investigador no CSIC e doutor en Humanidades.

1
Foto 1. Lois Armada dirixíndose ó público reunido na sala de actos do Concello de Mañón.

Xuntos da man, iniciamos o camiño cunha instrutiva charla na sala de actos do Concello de Mañón, onde fomos aprendendo un pouquiño das inquedanzas e traballos de tan insigne persoeiro. A continuación achegámonos ao Camiño dos Arrieiros e ollamos algunhas das mámoas que el catalogou, fomos baixando cara o mar e escoitamos a historia das garitas de vixiancia erguidas en todo o noso litoral para informar ás autoridades das incursións corsarias do século XVIII. A seguinte parada da nosa viaxe levounos ata os restos do castro que hai onde hoxe se ubica o faro do Cabo da Estaca de Bares.

2
Foto 2. Restos do castro preto do faro de Estaca de Bares.

Logo dun xantar recuperador coas incomparables vistas do Semáforo de Bares, descendemos ata o peirao e puxemos pé no coído que tantas lendas e debates sobre a súa orixe leva ofrecéndonos ao longo dos tempos.

3
Foto 3. Explicación ao pé do coído do porto de Bares.

Camiñando de vagar pola praia da Concha, fomos ata onde se atopan os traballos arqueolóxicos feitos na Igrexa Vella onde aparecen restos óseos con cada temporal que bate nas costas de Bares procedentes dun cemiterio medieval, onde anteriormente estaba asentada unha vila romana sobre a que hai abundantes estudos e prospeccións arqueolóxicas.

4
Foto 4. Restos arqueolóxicos na contorna da Praia da Concha (Bares).

Como despedida da nosa primeira actividade tomamos unhas fotos para perpetuala na memoria, a carón da placa de mármore que lembra onde naceu o noso homenaxeado, acompañados dalgúns dos seus familiares que se embarcaron con nós nesta primeira experiencia e dun grupo de persoas que quixeron asistir á xénese de Nordés nun día dous de Febreiro de dous mil trece.

5
Foto 5. Placa conmemorativa na casa natal de Federico Maciñeira y Pardo de Lama.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close