PROXECTO RÍOS I

A Serra da Faladora está chea de riqueza, a cal nos amosa de moitas maneiras a pouco que saibamos mirar. Unha xoia emerxe por riba de todas, fonte de vida, historia e biodiversidade, falamos do río Sor. Este pequeno río duns cincuenta quilómetros de percorrido nace en Ambosores da unión de dous regatos, un provén da parroquia do Freixo (As Pontes) e outro duns montes preto de Muras. O seu trazado discorre polos Concellos de As Pontes, Mañón, Muras, Ourol e O Vicedo facendo de fronteira entre as provincias de  A Coruña e Lugo.

1
Foto 1. O Sor discorrendo á altura de Ambosores.

No seu descenso atopamos tramos mansos nos que as augas baixan de vagar e outros cheos de rápidos onde a súa forza estoupa nun espectáculo sensorial.

Ó longo desta viaxe ata a desembocadura na Ría do Barqueiro atoparémonos un bosque de ribeira que loita por non ser fagocitado polo monocultivo do Eucalipto e a Acacia negra*¹. Nas súas augas podemos ver reos, troitas ou anguías; unha nutrida colonia de aves como o Martín peixeiro, a Garza real, o Melro acuático, Lavandeiras reais, gaviláns, azores e moitas máis que teñen fogar ou lugar de descanso neste río; nos mamíferos, o xabaril, o lirón, o esquío, a londra, os morcegos, o golpe ou a xineta son, entre outros, os habitantes desta contorna.

2
Foto 2. Paco Banhobre collendo mostras.

Para Nordés non podía ser doutra maneira e dende o principio tivemos claro que o Sor era e seguiría a ser unha teima constante de coidado, protección e divulgación. Para iso pensamos que dende a experiencia da asociación Adega e por medio da súa iniciativa do Proxecto Ríos sería unha fantástica maneira de poñer o noso gran de area no coidado da máis espectacular, ao tempo que delicada, xoia patrimonial. Esta terceira actividade nordesteira non podía ter outra fin que a de facer un xuramento de lealtade ó noso río e para iso decidimos apadriñalo, sendo un dos primeiros ríos do norte de Galicia en participares neste proxecto.

Dita iniciativa, a maiores de promulgar a concienciación, educación e participación cidadá na defensa dos nosos ríos, trata da realización dunha inspección para o análise do estado no que se atopa. Seguindo un protocolo que nos aporta Adega faise un estudo tanto do cauce, nivel  de contaminación -mediante o análise de bioindicadores como son os macroinvertebrados-, a calidade da auga -medindo o pH e osíxeno disolto- e un estudo da súa flora de ribeira, fauna, etc.

3
Foto 3. Clasificación de macroinvertebrados.

Este estudo tenta facerse dúas veces ó ano nos diferentes tramos do río (alto, medio e baixo) dependendo das posibilidades de cada colectivo e repítese ciclicamente para así cos resultados poder ir facendo unha comparativa ó longo do tempo, quedando estes arquivados para calquer posterior estudo ou información que se precise.

O biólogo Paco Banhobre exerceu de mestre de cerimonias, para satisfacción nosa fomos testigos dos resultados das diferentes análises que realizamos e onde se amosaron a excelente calidade tanto das augas do Sor coma da súa biodiversidade.

4

*¹Como nota negativa, dicir que nas ribeiras do tramo medio ó baixo hai unha importante presencia de Acacia negra (catalogada como especie exótica invasora) e a proximidade de monocultivos de eucalipto ó cauce fluvial. O que repercute nunha merma da biodiversidade do Sor en comparación co tramo alto.

Advertisements

Unha opinión sobre “PROXECTO RÍOS I

  1. Peligran muchos animales por la desaparición de las fragas,como sabéis están plantando eucaliptos en sitios de frondosas y pegados alos ríos,medio rural no hace nada para impedirlo,se entregaron 40000 firmas para que se cumplan las normativas que no se están cumpliendo, está desapareciendo el bosque y es una pena no hacer más

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close