Conferencia do U 966

75 anos.

            Falar de 75 anos no 2018 é falar do 1943.

            Falar do 1943 no Ortegal é falar do U-966.

            Falar do U-966 no Barqueiro…é moito falar.

1412442_242216029270570_398357139_o
Juan Carlos Salgado, á dereita, sendo presentado por Luis Real, historiador e membro de Nordés.

O U 966 fou un submarino alemán que afundiu avións “aliados” o 10 de novembro do 1943 na zona marítima próxima aos chamados cantís de Maeda. Ata alí chegou nunha fuxida que o levou dende o Noroeste atlántico ata a ría de Ortigueira para despois vir a ser afundido entre as costas de Loiba e as da Estaca de Bares.

mapa u 966

Nesa liorta morrerían 19 homes (sete alemáns e 12 aliados), pero estas cifras son unhas ou outras segundo as fontes que se empreguen. Para nós é o mesmo. Ao final son números para unha triste historia como é a de que a Humanidade resolva coas armas na man as súas diferencias ou, o que é aínda peor, que cree primeiro as diferenzas para despois pelexar por elas.

Co gallo do 70 aniversario, dende Nordés concretouse unha conferencia cun dos maiores expertos na materia, o compañeiro e amigo Juan Carlos Salgado. O  certo é que non houbo sitio para tanta xente. É cousa sabida que o U 966 non só deixou cadáveres e restos no fondo do mar, senón que a pegada do combate meteuse ata o fondo na memoria colectiva do Barqueiro e os pobos do arredor.

1421261_242216405937199_232455276_o
Público no Salón de Actos do Concello de Mañón escoitando a Juan Carlos Salgado.

O estoupido das bombas lanzadas contra o submarino, o crepitar das armas antiaéreas, o ver pasar unha escuadrilla de avións voando a baixa altura, a máis de 400 kilómetros por hora, son cousas que impresionan de por si. E máis en zonas rurais e costeiras tan pouco afeitas a semellantes artefactos como era a nosa.

Mais… Non todo nesta historia foi morte e desgraza. A acción dos pesqueiros dos portos próximos, Bares e O Barqueiro, é digna de mención: acudiron ao rescate dos náufragos nuns instantes nos que foron sorprendidos polo Sunderland, o cal non disparou contra eles aínda que houbo quen nalgún momento o dixo. E foron testemuñas tamén do combate aéreo final, do que xa falamos.

Xunto coas prolixas explicacións de Juan Carlos Salgado arredor deste suceso, tamén falou doutros moitos producidos pola acción dos submarinos e doutras embarcacións alemás na contorna. Por exemplo, o afundimento do petroleiro alemán “Benno” en decembro do 1941 nas proximidades de Cariño.

WhatsApp Image 2018-07-10 at 19.13.34
A esquerda o petroleiro “Benno”. Fonte: Torrente, J. R. G., Fernández, R. El hundimiento del Ole Jacob/Benno. Cariño 1941.

Tamén  houbo tempo para comentar unha foto, a do enterro provisional dos militares mortos no cemiterio de O Barqueiro, pois nela aparecía un grupo de paisanos que foron identificados polos presentes de maior edade, gardiáns de feitos que tan soio agora, tantos anos despois, veñen a ser recollidos en libros, revistas e xornais.

1410845_242217522603754_1745700426_o
Fonte: Presentación de Juan Carlos Salgado.

Por último, mencionamos algo que tamén quedou recollido por escrito: a historia de amor que trouxo o afundimento do submarino e o rescate dos seus tripulantes. Nesas viaxes de agradecemento que algúns dos xermanos fixeron, xurdeu o querer entre un dos descendentes do capitán Ekkehard Wolf e unha rapaza do Barqueiro. Todo isto rematou nun matrimonio xermano-galaico, a visita periódica deses descendentes do capitán e doutros tripulantes do submarino e o arraigamento dunha neta e dun neto de Wolf.

As derradeiras millas do U 966 , “Gut holz” (Boa madeira), entraron de cheo na historia e na tradición popular da bisbarra. E, deste xeito, o episodou pasou a converterse no máis importante da IIGM, merecedor dun documental ou dunha longametraxe que aínda está por vir.

 

__________________________________________________________

Para saber máis (actualizado a xullo do 2018):

  • “A Coruña fue un punto caliente de espionaje durante la Primera Guerra Mundial” https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/07/24/jose-antonio-tojo-ramallo-coruna-punto-caliente-espionaje-i-guerra-mundial/306435.html

  • Sobre submarinos U-Boot: https://vadebarcos.net/2015/06/13/submarinos-tipo-u-boot-lobos-kriegsmarine/

  • Tojo Ramallo, J.A. (2000) Lobos acosados. Historia de los submarinos alemanes hundidos frente a las costas de Galicia durante la  la Segunda Guerra Mundial. Editorial Laverde. https://www.iberlibro.com/Lobos-acosados-Historia-submarinos-alemanes-hundidos/15925931177/bd

  • “La huella gallega del submarino…” https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/07/08/huella-gallega-submarino-nazi/0003_201807G8P28992.htm

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close