Presentación da revista Terras do Ortegal

nordés, terras do ortegal

O venres 19 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación da revista Terras do Ortegal, na sala do concello de Mañón – O Barqueiro.

O nacemento desta revista de estudos comarcais propiciou a creación da Asociación Terras do Ortegal -nome da editora- a principios do 2014. A asociación busca a través desta publicación un impulso para os estudos de índole histórico, sociolóxico, xeográfico, etnográfico, artístico, patrimonial ou económico sobre a comarca do Ortegal.

“Terras do Ortegal nace coa intención de documentar o pasado, o presente e o futuro…” , verbas da Editorial do nº1 da revista Terras do Ortegal.

As Terras do Ortegal serven de contexto á revista e de punto en común para os concellos que a integran -Mañón, Ortigueira, Cariño, Cerdido e Cedeira-, sen descartar que as futuras publicacións poidan achegar estudos sobre os territorios veciños.

A temática do número 1 da revista Terras do Ortegal xira arredor dos concellos de Ortigueira, Cariño e Mañón, concretamente. Namentres o seu índice mostra traballos, por exemplo, sobre a vida persoal ou profesional de Don Federico Maciñeira – por Xosé Carlos Breixo– e Ramón Armada Teixeiro– por J. Manuel Suárez Sandomingo. Tamén atopamos un artigo de Álvaro Porto Dapena sobre a toponimia arredor do cabo Ortegal, así como un artigo de Narciso Luaces sobre o cultivo do liño na bisbarra que contrastan cun tema moito máis contemporáneo, a banda deseñada, da man de Cristian Fojón.

Revista do ortegal

Fotografía de Jorge Meis, portada da revista Terras do Ortegal

Na presentación da revista contaremos coa presenza de Francisco J. Calvín, Secretario da Asociación Terras do Ortegal e tenente de alcalde do Concello de Mañón; Bernardo Penabade, filólogo e autor dun artigo na propia publicación ortegana, así como membro de NORDÉS. Xunto a eles, José Manuel Bouzamayor, Vicepresidente da asociación editora da revista.

Para máis información sobre a publicación e a Asociación Terras do Ortegal podedes premer aquí. Tamén, se facedes “clic” enriba dos nomes dos diferentes persoeiros que aparecen nesta entrada, poderedes atopar información adicional sobre eles.

 

Advertisements

Unha opinión sobre “Presentación da revista Terras do Ortegal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close