Tesouros na Serra da Faladora

Tesouros da na Serra da Faladora

Chegou o 2015. Xaneiro da a benvida a un ano cheo de novas actividades. A nosa primeira proposta xira arredor do mundo do patrimonio e da etnografía.

A Serra da Faladora e da Coriscada agochan coma se de un tesouro se tratase o Camiño dos Arrieiros, un entramado que durante 50 quilómetros vai dende a cunca do Río Eume (nas Pontes) ata o mesmo Porto de Bares (en Mañón).  Federico Maciñeiras falaba dunha realidade ateigada de túmulos, necrópolis que hoxe serven de balizas de señalización para esta vía de comunicación. NORDÉS convídavos a realizar un pequeno roteiro por esta liña do tempo a través das explicacións de Carlos Otero Vilariño o 31 de xaneiro.

O punto de encontro será no Centro Social GranSor, nas Grañas do Sor (Mañón) as 10:30 da mañá. Neste local, Carlos Otero Vilariño tentará introducirnos brevemente no mundo do Camiño dos Arrieiros. Se o tempo non permite a realización do percorrido andando, o noso especialista realizará unha charla máis polo miúdo do seu traballo e da significación do camiño. Podedes acceder a parte do seu traballo premendo aquí.

A actividade está disposta para tamén ocupar parte da tarde do 31 de xaneiro. Deste xeito, antes ofrecémosvos a opción de gozar dun bo xantar en Casa Urbano (Grañas do Sor).  O precio é de 15 euros/persoa, mais só se vos apetece ás 14:30 da tarde.

Ás 16:30, trocaremos a perspectiva da actividade gracias ao Museo Etnográfico de Meixido, ás máis de 3000 pezas que contén e ao seu fundador, Narciso Luaces.

Non dubidedes en apuntarvos a esta actividade que ten un custo de 3 euros/ persoa para aqueles non socios. Para os nenos e os socios a actividade é totalmente gratuíta, agás o xantar que, como xa dixemos, ten un custe de 15 euros/persoa. Se vos interesa, apuntádevos tanto para a actividade como para o xantar: no teléfono 653 756 454, mandando unha mensaxe ao noso Facebook ou no noso e-mail asociacion.nordes@gmail.com.

Animádevos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close