Mes do medio ambiente: Día dos océanos e das plantas invasoras

Cartel para imprimir en EMEFai unhas semanas, realizamos o Proxecto Ríos, do cal daremos información en breves. Hoxe, queremos falarvos da nosa nova actividade, comprendida dentro do que denominamos “Mes do medio ambiente”.

Este venres, día 12 de xuño, conmemoraremos o Día dos Océanos e ofrecerémoslle un oco a un tema importante e que cada día está máis presente: as especies invasoras. Para isto, contaremos coa presenza dos alumnos dos colexios do Barqueiro e do Vicedo, na praia de Xilloi.

O pasado luns 8 de xuño celebrouse o Día dos Océanos, xusto tres días despois do Día Mundial do Medio Ambiente. Esta cita convertiu ao medio ambiente, dende o 1973 – ano da súa implantación-, nunha preocupación común a tódolos países, polo menos ao integrantes das Nacións Unidas. Do mesmo xeito, o Día dos Océanos celébrase dende o ano 2009 e Nordés celébrao dende o 8 de xuño, cando se realizou unha actividade na praia de Area Grande en San Román – O Vicedo.

Días dos Océanos, 2014. Praia de San Román (Areagrande)

Aquel día realizouse unha limpeza da praia logo dunha charla divulgativa a cargo de Carlos Pena e Pedro Yáñez co título de “A contaminación nos océanos e a importancia da súa protección”. Este venres, 12 de xuño, propoñémoslle ás nenas e nenos de ambos colexios un circuíto de tres estacións no que aprenderán, xunto con Antonio Pernas -técnico superior en xestión e organización de recursos naturais- e Pedro Yáñez -licenciado en Ciencias ambientais- a: valorar os nosos océanos e a valorar o perigo que existe co lixo que circula en eles, tantos para os animais como para os humanos; coñecer o concepto de ” especie exótica invasora” e poderán ver o efecto da unlla de gato –carpobrotus edulis– no sistema dunar de Xilloi. Por último e, gracias a colaboración de Sogama, contaremos co xogo xigante “Un partido polo planeta”; unha especie de Trivial que permite coñecer e promover a redución, a reutlización e o reciclaxe, incidindo na correcta separación dos refugallos e no seu posterior depósito nos diferentes contenedores a través de tres seccións diferenciadas e dinámicas, tal e como contan na súa páxina web –aquí.

uña gato Unlla de gato –carpobrotus edulis-

8770_el-nuevo-juego-gigante-de-sogama-un-partido-polo-planeta-circulara-los-proximos-meses-por-medio-cent(1)“Un partido polo planeta”

Tamén tentaremos facer unha limpeza simbólica da praia de Xilloi con tódolos nenos xuntos, xa que no circuíto os alumnos formarán grupos según a súa idade.

Logo pola tarde, ás 17:00 horas, contaremos cos Quinquilláns para a realización dunha obra de temática ambiental para nenas, nenos e pais. O noso obxectivo é que tódolas nenas e nenos que se xuntaron na actividade da mañá se acheguen xunto cos seus pais á Casa da Cultura do Vicedo para disfrutar dun obra centrada no respecto ao medio ambiente e ao mundo mariño, máis en concreto.

pez2Pasarrúas que forma parte dunha representación teatral dos Quinquilláns| Orixe da fotografía: http://nova.quinquillans.com/por-que-e-salgada-a-auga-do-mar/

Os Quinquilláns son unha compañía teatral cuns 26 anos de de traxectoria onde incluén teatro familiar e para adultos tanto en interiores como na rúa, animacións, pasarrúas, etc. Deixámosvos un video que percorre todos esos anos. Unha delicia!

Achegádevos o venres 12 de xuño ás 17:00 h. cos vosos fillos á Casa da Cultura e remataremos todos xuntos un gran día de divulgación medioambiental. Esperámosvos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close