Da Ragazzona ao pecio de Xove: arqueoloxía subacuática do Norte de Galicia.

imprimir eme 19.

O mar.
Ese mar, fonte de vida e morte. Facedor da morte en vida das que ollan entre bágoas.
O mar, anoxado e querido, prácido e salvaxe, agarimoso e brutal….
Os seus fondos reciben, ano tras ano dende hai milleiros, pegadas da actividade humana:
Restos de aparellos, de naufraxios e afundimentos. De galeras, naos, baleeiros, bous, fragatas, acoirazados, mercantes, petroleiros, arrastreiros, tarrafas, trasatlánticos…cidades mesmo.
De cando en vez, unhas pequenas e estrañas escuras figuras, de grandes ollos de vidro, achéganse a eses restos que repousan nun sono eterno que eles veñen a inquietar cos seus desprazamentos nunha actividade frenética, ó tempo que pausada, ó ritmo que marca o propio mar, que en moitas ocasións resístese a que se lle arrebate aquilo que enguliu.
Esas pequenas sombras, sempre poucas en comparanza co que o mar agocha, son as que, arriscando a vida inmersión a inmersión, detraen do leito mariño pequenas partes da Historia da Humanidade para, co resultado do seu estudo, axudar a completar os parágrafos en branco do gran libro do noso existir.
Un deses visitantes da profundidade é David Fernández Abella, arqueólogo de pé e de aleta, fundador da empresa “Argos”, adicada a realizar proxectos e intervencións tanto no ámbito terrestre como subacuático, que ten mergullado unha boa parte do mar costeiro de Galiza na procura de restos arqueolóxicos, dos cales falará o sábado 4 de xullo no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, no Barqueiro, convidado por Nordés.
Non deixen pasar esta boa oportunidade de coñecer as historias das que o noso mar é actor e testemuña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close