Presentación do nº2 da revista Terras do Ortegal

Terras do Ortegal DEFINITIVO

O sábado 12 de setembro Nordés presenta o número 2 da revista Terras do Ortegal no salón de actos do Concello de Mañón, no Barqueiro.

En decembro de 2014, Nordés levou a cabo a presentación do primeiro volume. Contamos ca presenza de Xose María Torres, presidente da asociación editora da revista Terras do Ortegal; de Francisco J. Calvín, tenente de alcalde do Concello de Mañón; e Bernardo Penabade, filólogo, mestre no IES Perdouro e membro de Nordés.

1522950_391546184337553_7428700586862271480_oDe esquerda a dereita: Xosé M. Torres, Francisco Calvín e Bernardo Penabade durante a presentación do nº 1 da revista o venres 19 de decembro de 2014. Máis información aquí.

Dende a etapa de promoción do primeiro nº da revista, dende xullo de 2014, a asociación Terras do Ortegal xa andaba traballando no segundo volume. Á par, impulsan un ciclo de tertulias que tivo como primeiro colaborador a Hixinio Puentes, falando sobre a historia dos naufraxios ocorridos na comarca do Ortegal.

Co paso dos meses, foise materializando o segundo número ata editarse finalmente en agosto deste ano, cun carácter semimonográfico, centrado no Concello de Cariño. Deste xeito, ábrese a posibilidade de concentrar artigos sobre a mesma temática nun só volume, sen perder de vista o concepto comarcal co que naceu dito proxecto.

A publicación acada unha gran calidade grazas ao contido aportado por colaboradores como José Luis Armada, Lois Pita Armada, Eliseo Fernández, Xosé Luis González ou Vanesa Trevín e colegas, no dossier adicado a Cariño; e Manel Bouzamaior, Javier Martínez Prieto, Narciso Luaces, Hixinio Puentes ou Belén Pérez, nos dez artigos restantes.

Portada co cabo Ortegal asinada polo fotógrafo Álvaro F. Polo. Siro, artista gráfico, fai un percorrido pola vida e pel de Laureano Álvarez deixando ver a súa arte nuns retratos do antiguo cronista de Ortigueira.  Dende Almería, Diego Cedrán amosa a orixe ortegana da linaxe dos Fajardo, un apelido moi presente no sur da península. E, por último, Francisco J. Calvín achega o uso dos Fondos Europeos na comarca.

Entre todos eles, a revista chega a unhas 205 páxinas cheas de traballo e ilusión. Unha nova etapa aberta na comarca que neste 2015 se consolida cun número 2 digno de admirar e mercar, por só 12€.

Portada Nº 2

Esperámosvos con exemplares da revista Terras do Ortegal, o sábado 12 de setembro ás 18:30 h. no salón de actos do Concello, no Barqueiro.

Para máis información picar aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close