Obradoiro de Comunicación Escrita

CARTEL DEF.

Alá polo mil douscentos

a lingua que hoxe falamos

escomenza a ser escrita

por poetas e notarios.

Darío Xohán Cabana, Historia da Lingua Galega

Nordés materializa o seu compromiso co fomento da lingua galega neste “Obradoiro de comunicación escrita”, dirixido polo noso querido Bernardo Penabade. Filólogo, mestre no IES Perdouro de Burela, forma parte do grupo de traballo que impulsa o Modelo Burela de planificación lingüística -a través, por exemplo, do programa de radio semanal, Proxecto Neo– , onde levan a cabo a alfabetización de neofalantes co obxectivo de encamiñalos cara unha fluidez comunicativa en galego.

11215701_522565301235640_2699547665935743300_nRecorte obtido da versión impresa de  “La Voz de Galicia”, 4 de novembro de 2015

O obradoiro, dirixido a aquelas persoas cunha boa expresión oral en galego pero que teñen problemas á hora de plasmalo nos soportes escritos, pretende dar solucións aos problemas dun mundo dixital. Todos temos dúbidas, só precisamos de tempo para aprender e… Gañas!

Este venres 6, ás 20:00 h., péchase a inscrición para o “Obradoiro de comunicación escrita”, onde ofertamos unhas 15 prazas. É necesario inscribirse no e-mail asociacion.nordes@gmail.com, a través dunha mensaxe a http://www.facebook.com/nordesfaladora ou no teléfono 653756454 (Ricardo).

O desenvolvemento da actividade realizarase dende o día 7 de novembro, cunha xornada presencial o sábado 14 na Casa da Cultura do Vicedo. Totalmente gratuíta!

O programa previsto é:

Obradoiro da fala. Programa

Para culminar o obradoiro, contaremos coa presenza da compañía de teatro Debulla Escénica (antes chamada “Do Miolo e Cía”), quen representarán a obra “PerverSons” ás 19:00 h. na Casa da Cultura do Vicedo. Cunha duración de 65 min., gratuíta e aberta a todo público adulto, a obra é descrita (no cartafol de “Buxiganga Proxecto Teatral” da Deputación de Lugo) como:

Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin aos demais. Tropezaba cos outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga coma a mesma especie, converteu aos humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfación dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.
Inmoralidade, corrupción, incomunicación e degradación. Unha sociedade da que somos prisioneiros. Un mundo perfecto para quen non cuestiona as normas establecidas, non tanto para os insurrectos, relegados ao desterro sen posibilidades de retorno á nova utopía social. “Benditos os que hibernan no léxido letargo do medo, porque para eles o mundo creado florece para o beneficio interesado”

Agardámosvos!

 


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close