Labreg@s do século XXI

LABREGOS DO SÉCULO XXI DEFINITIVO

Nordés, sabedor do potencial que a comarca alberga no sector primario, cree na explotación sostíbel e na súa repercusión económica e social en forma de proxectos que permitan cortar a perda de poboación. Desta vez, achegámonos ao mundo da agricultura ecolóxica para tratar problemas puntuais (a couza da pataca) e para falar do seu potencial familiar e comercial.

A problemática da couza que afectou ás colleitas de patacas pasadas convertiuse na excusa perfecta para a organización dunha actividade nova. Mañá no Barqueiro -ás 19:30-, Henrique Puentes falará de primeira man sobre as consecuencias da couza na zona e o xeito de combatila dende a perspectiva ecolóxica. Dende o momento no que a praga foi considerada oficial para a Consellería de Medio Rual -en novembro de 2015 nas zonas de Ferrolterra- lévanse impulsado unhas certas medidas fitosanitarias para poder combatila e erradicar a súa posible expansión polo resto do panorama nacional.  

Contaremos tamén con Quique Fojón -agricultor ecolóxico- para falarnos das ventaxas que ten a agricultura ecolóxica tanto para os labregos como para os consumidores, incidindo na súa propia experiencia cos labradíos de Bidueiros – en Couzadoiro. Remedios Soto complementará o faladoiro co apoio que as oficinas agrarias comarcais ofrecen ante estas pragas.

Dende o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) fálannos da agricultura ecolóxica como “un sistema de producción que busca conseguir alimentos de máxima calidade” tendo en conta dous preceptos básicos: o respecto ao medio ambiente e a conservación da fertilidade do chan. Para conseguir ambos propósitos é imprescindible unha “utilización óptima dos recursos” sen usar “productos químicos”. Todo isto poderemos velo in situ o sábado 30 de xaneiro ás 11:00 nas leiras e hortas que Quique Fojón ten en Couzadoiro, como un exemplo de iniciativas persoais e comerciais beneficiosas para a comarca. Aconséllase levar roupa e calzado cómodo e impermeable para camiñar polos labradíos.

Agardámosvos!

Para máis información, podedes contactar con Ricardo no número de teléfono 653756456.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close