As pegadas da Historia en San Adrián de Veiga

San Adrián EME DEF.

Din os refraneiros que “o mes de maio pasa como un raio” e para chegar a tempo de gozalo, Nordés ofrece un camiño alternativo, para recrearnos nas lendas e na historia dun lugar concreto: San Adrián de Veiga.

MAPA SAN ADRIÁN
Para chegar: Tanto dende Ferrol como dende Ortigueira, pola estrada AC- 862 ata Ponte Mera, desvío dirección Cariño (DP-6121). O sinal de “Centro Social” atópase na estrada principal, enriba dun sinal de paso de peatóns.

Nesta parroquia do concello de Ortigueira, situada xusto no límite co concello de Cariño, temos á nosa disposición un patrimonio material moi rico e representativo de Galicia: mámoas, castros, castelos.. Os nosos oídos poderán escoitar con deleite as lendas da zona e os nosos ollos marabillaranse coa paisaxe da zona e coas súas augas caídas nun pozo do inferno.

Este sábado 21 de maio, Nordés ofrece un roteiro didáctico para percorrer o Castelo do Casón e o Pozo do Inferno, pola mañá, para máis tarde achegarnos ao castro do Monte/Penido do Medio e as mámoas do Chao da Arada. Incluso pode que visitemos algún punto máis como as mámoas de Chiquero.

Realizaremos dita saída de campo na compaña de Vanesa Trevín, arqueóloga, e Pepe Riola, experto na historia e lendas da zona, que terá como punto de reunión dous lugares, según os intereses dos participantes: ás 10:00 h. no aparcadoiro da Alameda en Ortigueira ou ás 10:30 h. no aparcadoiro do centro social de San Adrián.

Usaremos coches para achegarnos ás inmediacións dos lugares, polo que o roteiro non ten un percorrido a pé excesivo nin complicado, pero é necesario levar roupa e calzado axeitado para unha travesía polo monte.

Nestes casos tamén é necesario recoller forzas para a tarde, por iso damos a opción de anotarse a unha comida na Casa Veiga neste mesmo pobo. O prezo é de 15€ por persoa e o menú atópase reflexado no cartel. Tedes ata o 19 de maio para apuntarvos no número de teléfono 653756454 (Ricardo), no e-mail asociacion.nordes@gmail.com ou enviando unha mensaxe á nosa conta de Facebook.

Animádevos a coñecer a vosa contorna! 

Animádevos a camiñar polas pegadas da historia con Nordés!


Máis información sobre San Adrián de Veiga na páxina web do Concello de Ortigueira: 

http://www.concellodeortigueira.com/turismo/intro2b.php?txt=rota_3&lg=cas 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close