Xornadas cos colexios: Día dos Océanos

Dia dos océanos 2016

“Uns océanos sans, un planeta san” é o lema do Día Mundial dos Océanos, neste 2016. O ano pasado compartimos esta xornada na praia de Xilloi cos colexios do Vicedo e Mañón e todos quedamos contentos. E, por iso… Este ano decidimos repetir! As nenas e nenos do Vicedo cruzarán a ría e daranlles a benvida os do colexio de Mañón. Unha xornada de confraternización na praia de Esteiro guiada por Antonio Martínez Pernas (téc.sup. en xestión e organización dos recursos naturais) onde faremos: unha pequena charla para falar sobre o problema dos plásticos no medio mariño, enfocando a actividade cara o problema dos microplásticos. Todos xuntos limparemos a praia e mediremos a cantidade de microplásticos presentes no areal. E para rematar, tentaremos facer uns debuxos todos xuntos. Xa veredes, xa!
Queremos agradecer a colaboración ás nenas e nenos, aos mestres e directores dos colexios. Tamén ao Concello de Mañón, a Protección Civil e a Cuarzos Industriais. E, por suposto, aos voluntarios!
Por certo, se alguén está interesado en participar como voluntaria/o que se poña en contacto con nós a través de asociacion.nordes@gmail.com, no http://www.facebook.com/nordesfaladora ou no 653756454 e será benvida/o.

Precisamos xente!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close