Presentacións das VI xornadas “Memoria dun tempo”

Nordés presentará as VI xornadas “Memoria dun tempo” en Ferrol e Espasante. Os actos terán lugar os días 16 e 17 de agosto con dous formatos distintos. A intención destas presentacións é a de dar a coñecer a un maior número de público esta iniciativa de recuperación da memoria histórica que, dende hai xa máis de 5 anos, ven organizando Nordés no concello de Mañón, ao cal se engade agora nesta edición o de O Vicedo.

As xornadas “Memoria dun tempo” buscan recuperar feitos e persoaxes históricos dun período que non comprende tan só os anos das II República e a Guerra Civil, senón que se adentra tamén no da posguerra e a Transición. Todo isto a través das conferencias de expertos e expertas nos diferentes temas e tamén mediante a proxección de películas e documentais, música en directo, teatro, poesía, testemuñas e todo canto poida servir para conseguir o obxectivo citado anteriormente.

En Ferrol contaremos coa proxección do documental de Jorge Gil “Ferrol 1936”, onde se recolle o sucedido nesta cidade entre o 18 e o 22 de xullo: o golpe, a represión,etc. Nel interveñen historiadores como Xosé Manuel Suárez e Eliseo Fernández, quen será o moderador da mesa redonda posterior. Nela, intervirán Bernardo Máiz e Rafael Permuy para falar do papel de Ferrol como base naval e como centro represivo.

Presentación Ferrol

Ao día seguinte, mércores 17, en Espasante, no Bar de Fredi, contaremos con Eliseo Fernández para falar do sindicalismo mariñeiro no Ortegal durante a II República. E a continuación, Andrés Rodríguez deleitaranos coa súa voz.

Presentación Espasante 3

 

Dende Nordés convidamos a todas as persoas interesadas a que veñan ás presentacións das xornadas e tamén ás mesmas, que terán lugar os días 25, 26 e 27, tamén de agosto, e das cales daremos máis información en breve.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close