Julio Prada nas VI Xornadas “Memoria dun tempo”

 

Cada edición das xornadas “Memoria dun tempo” tenta achegar investigadores, especialistas, actividades e vivencias novas aos habitantes da zona para amosar que nada é imposíbel.

A nosa intención nos sucesivos días é a de ir presentando a aquelas persoas que formarán parte do particular percorrido de Nordés pola historia.

Neste 2016, Julio Prada abre a sexta edición o xoves 25 de agosto ás 20:30h. no Salón de Actos do Concello de Mañón, situado na Praza do Mesón, nº 1, na localidade do Barqueiro.

Mapa
Mapa coa ubicación do Concello de Mañón, no Barqueiro (en amarelo)

A súa intervención comparte título co seu último libro, editado por “Biblioteca Nueva” neste 2016: Marcharon con todo. La represión económica en Galicia durante el primer franquismo.

5774fdf86b4f1-gal2
Julio Prada co seu novo libre, nunha imaxe da Universidade de Vigo

Deste xeito, damos cabida nas xornadas a outro tipo de represión exercida polos golpistas: a económica. Como lle explica Julio Prada a Marcos Pérez Tena nunha recente entrevista para o xornal dixital Praza Pública -que se pode consultar premendo aquí

Dende xullo de 1936 ata 1937 claramente dominan esas multas gobernativas por comportamentos contrarios ao movemento ou por simplemente blasfemar. A partir de xaneiro de 1937 comezan a aplicarse con máis frecuencia as sancións de responsabilidades civís, que en febreiro de 1939 son substituídas polas sancións de responsabilidades políticas, que chegan ata 1945. No caso das subscricións patrióticas, esténdense no tempo dende o mesmo golpe de Estado ata o remate da Guerra Civil e mesmo despois continúan, reconvertidas con outro nome: por exemplo o auxilio de inverno, xestionada por Falanxe, e se non contribuías, eras multado.

Julio Prada é profesor titular na Facultade de Historia do campus de Ourense. Un feito que marca a súa posterior produción investigadora é o nomeamento como “doutor” pola propia Universidade de Vigo coa tese  Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Deste xeito, estamos ante un especialista da II República, da Guerra Civil e da represión non só no ámbito máis local da provincia de Ourense, senón tamén no galego e mesmo no ámbito español, como demostra co título La España masacrada: la represión franquista de guerra y posguerra (Alianza,2010). O noso convidado é coordinador do Proxecto de Investigación Interuniversitario Nomes e Voces –acceder aquí– que conforma unha gran base de datos daquelas persoas represaliadas en Galicia durante a contenda.

Outros títulos asociados ao seu nome son: A man invisible do sufraxio. República e eleccións na provincia de Ourense (Obradoiro de Historia de Galicia,2004), A Dereita política ourensá: monárquicos, católicos e fascistas, (1934-1937) (Universidadede Vigo, 2005). Xunto con Juan de Juana teñen realizou, por exemplo, El galleguismo: Historia y Textos. De los orígenes a la Declaración de Barcelona (Obradoiro de Historia de Galicia, 2002). Entre as súas últimas publicacións tamén atopamos a obra colectiva No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia (Biblioteca Nueva,2015) e os artigo “De dónde venimos y hacia dónde vamos…La derecha gallega entre la transición y la consolidación de la democracia” (Historia del Presente, 2015) como exemplo da seu quefacer sobre a Transición.

E ata aquí a nosa aportación por hoxe. Dende Nordés agardamos que participedes nestas xornadas feitas especialmente para vos.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close