Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer nas VI Xornadas “Memoria dun tempo”

carmenblanco.jpg
Carmen Blanco| Fotografía do blog “Caderno da crítica” http://wp.me/p1a3c5-1uT

Hoxe recorremos a libre senda da historia e decidimos pararnos en Carmen Blanco. Ela chegará o venres 26, ás 20:30h., ao Salón de Actos do Concello de Mañón para intervir con “Vivas en nós. Memoria de mulleres libres  e vida liberada fronte á ditadura”, sobre o xeito en que o golpe de 1936 trucou e maltratou o porvir das “mulleres libres” e da “vida liberada” acadada coa II República.

Carmen Blanco é unha artista da vida ceibe e do amor, unha muller feminista e libertaria aos dous lados do espello. Por un lado, realiza unha labor investigadora plasmada en diferentes ensaios sobre a historia do feminismo e os estudos de xénero relacionado coa literatura -doutora pola USC e profesora titular na Facultade de Humanidades de Lugo, na área de filoloxía galega e portuguesa: Literatura galega da muller (Xerais, 1991); Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995); Feministas e libertarias (Meubook S.L., 2010); Luz Pozo Garza: a ave do Norte (Linteo, 2002); ou Casas anarquistas de mulleres libertarias (CNT, 2007). Polo outro é a poeta de Alba de Mulleres (Xerais, 2002), Lobo Amor (Unión Libre, 2011) e a escritora de obras narrativas como Vermella con lobos (Xerais, 2004) ou a complexa Atracción total (Xerais, 2008).

Nas súas propias palabras – en Blanco, C. (2006)”Alicia de los dos lados del espejo”Lectora, 12: 19-23. ISSN: 1136- 5781 D.L. 395-1995.:

Mi objetivo era y es cambiar la vida, cambiar la literatura y cambiar Galicia para que el mundo cambie y mujeres y hombres podamos vivir en paz.

Tras a súa intervención, podemos asistir a un recital poético de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer –Premio Galicia Mártir da Fundación Alexandre Bóveda 2014.

Vermellas
Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer na exposición “Vermellas. Chamábanlles rojas” da que foron autores da parte literaria. Fonte: xornal.usc.es

Ambos coordinan a publicación Unión Libre: Cadernos de vida e culturas dende 1996, con 15 dos seus 20 números editados por Edicións do Castro. Coma eles din na súa páxina web -á que podedes acceder aquí:

UNIÓN LIBRE é un resultado e un proxecto, pero tamén unha realidade: libre unión de persoas e de ideas, de análise e de creación, de memoria documental e de vangarda artística, de investigacións policéntricas e de metodoloxías integrais, de afondamentos nas raíces e de diálogos sen fronteiras, en suma, de vida e culturas a través dun cadernos radicalmente vitais, aínda que só se ofreza neles algúns fragmentos de estudio rigoroso, de creación libre, de memoria activa e quizais, por acaso, de vida liberada.

Dende Unión Libre promoven a iniciativa “Poesía para tod@s”, unha serie de volumes que se reparten de balde en certos eventos e lugares, e que comezou no 2010 con Poemas polas vítimas do 36 en Galicia. Participaron no proxeto ata o de agora María Lopo e Olga Novo.

Claudio Rodríguez Fer preséntasenos como escritor tanto na súa versión de poeta achegándonos a el a través do seu ciclo erótico, do ciclo fílmico con Cinepoemas (Xerais, 1983) ou á triloxía poética sobre memoria que comezou con Lugo Blues, proseguiu con A loita continúa (Xerais,2004) e remata en Ámote Vermella (Xerais, 2009). En canto ao autor narrador atopamos Meta-relato (Xerais, 1988) ou Os paraísos eróticos (Meubook, 2010) con ilustracións de Sara Lamas, artista que colabora habitualmente na obra da parella. Por outro lado, atopamos ao director da Cátedra Valente de Poesía e Estética (USC), feito que deixa ver a súa produción ao arredor do autor galego e doutros máis, como Ánxel Fole ou Uxío Novoneyra.

Agardámovos nesta xornada tan especial.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close