Homenaxe, “A pegada dos avós”, Miro Casabella e Andrés Rodríguez nas VI Xornadas “Memoria dun tempo”

Mañá, sábado 27, teremos a “IV homenaxe a republicanos e libertarios” na Ponte Vella do Barqueiro á 13:00h., estructura de metal e pedra que une o Concello de Mañón co do Vicedo e as provincias de A Coruña e Lugo.

11953306_496644963827674_602058592032130346_o
Homenaxe-de-mans-dadas (Ponte Vella do Barqueiro)

Esta homenaxe, guiada por Bernardo Penabade -filólogo e profesor no IES Perdouro de Burela-, é o culmen das xornadas. O momento máis emotivo, que pretende unir e irmandar á xente que ata alí se achega, da cabida a poemas, verbas, xestos e cancións que crean a atmósfera correcta para rememorar o pasado e camiñar cara un futuro xuntos. Nos anos anteriores tivemos intervencións de familiares: María Jesús Armada, neta do alcalde republicano asesinado do Barqueiro, e Sara G.Rivera. Cancións de Andrés Rodríguez. Verbas de Hilda Farfante, filla de mestres asturianos represaliados. Cancións de Mini e Mero. Verbas de Luis Real, impulsor das xornadas Memoria dun tempo..

Agardámosvos, con flores ou sen elas, con verbas ou sen elas, con xestos ou sen eles.

Ás 20:30h.  teremos a proxección do documental “A pegada dos avós”, de Xosé Abad,  no Salón de Actos do Concello de Mañón (O Barqueiro). Contaremos coa presenza de Aitana Tubío para falarnos da experiencia do rodaxe e do seu contido. Este film fala do proceso que un grupo de rapaces e rapazas -de Bacharelato dun instituto galego- realiza para adentrarse no coñecemento da memoria histórica da súa cidade a través do estudo de dous casos “que non veñen nos libros de texto”. É por iso que recomendamos o visionado desta película para tódolos públicos, pero especialmente para profesionais do ensino e, sobre todo, estudantes de Secundaria e Bacharelato.

Cartel La Huella de los abuelos

E para pechar o gran cartel das VI xornadas “Memoria dun tempo”, contaremos cun recital de Miro Casabella e Andrés F. Rodríguez, ás 23:00h.,  no bar “O Bar Queiro” (preto da intersección que une a carretera nacional coa propia que vai Bares) .

Miro-el-trovador-del-tercer-milenioMiro Casabella (Ferreira do Valadouro), cantautor galego cunha ampla experiencia xa antes de formar parte de grupos como Voces Ceibes, representante da “Nova Canción Galega”, e de DOA, representate do “Movemento Popular da Canción Galega”. Cunha traxectoria en Cataluña anterior ao seu primeiro elepé, chamado Ti, Galiza (Ariola,1977), unha das cancións máis coñecidas é “O meu país”. O seu último disco –Orvallo (Picap)- é do 2004, e aínda que as súas aparicións menguaron co paso dos anos, sempre ten tempo para homenaxes e recitais como o de mañá.

 

DSC_0045

Andrés F. Rodríguez, nado en Ourense, é comercial pero o seu verdadeiro “eu” é o de cantautor. Pupilo de Suso Vaamonde, realiza recitais alí onde o reclamen, pola súa zona -O Carballiño- como fóra dela -Espasante, O Barqueiro-. Leva participando con Nordés  cantando na “Homenaxe da ponte” e dende a III-IV edición das xornadas, cos recitais ” Cancións para un tempo de loita 1 e 2″, e logo colaborando co aqueles convidados que se achegaron, como Mini e Mero.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close