Por que vir a unha charla sobre toponimia?

a-toponimia-do-nordesO sábado 11 de febreiro ás 20:00 h. Nordés organiza unha charla sobre a orixe e a evolución dos nomes do lugares na nosa bisbarra, presentada por Bernardo Penabade e guiada por Xosé Luis González.

Xa presentamos ao noso convidado nun anterior “post” ao que podedes acceder picando aquí. Nese pequeno resumo atoparedes as razóns principais para vir escoitar a charla: coñecer, conservar e difundir o patrimonio da nosa zona.

Todos nós sabemos de nomes de lugares e mesmo da súa orixe, pero outras persoas non teñen esa sorte. Por esta razón actuamos coma portadores do saber: persoas que coñecen a súa contorna e acollen no seu ser historias e contos relacionados cos lugares. Xeralmente son persoas de certa idade, as cales propoñen variacións para un mesmo lugar ou relato. Por iso, canto máis nos preguntemos a nós e a eles, máis coñeceremos.

Esta conservación do saber axúdanos a observar a paisaxe sendo conscientes dos aspectos lingüísticos, históricos e xeográficos que se enlazan nun nome. Ao fin, este coñecemento modélase para ser difundido en diferentes capas da sociedade que modificarán o saber, se é preciso, nun futuro.

Dende Nordés pensamos que o mellor xeito de achegarvos a esta ciencia é a través das explicacións que Xosé Luis González lle da a algúns lugares dos vosos concellos. Se tedes algunha aportación, non dubidedes en comunicalo:

 

O CACHEIRO (O Vicedo, As Negradas)
Tendo en conta os posibles significados frente ao contexto deste caso, dada a situación dos dous topónimos do concello, en terreos nos vales, a acepción sería a mesma que a usada ainda actualmente en Dodro: “leira pequena traballada e coidadapreto das aldeas“.
Outra acepción sería de “cachar” (roza, cultivo por primeira vez): a de “terreo de mato, de monte, que se roza e queima para sementar trigo ou centeo”. Porén, no contexto dos dous casos, ao non estaren próximos a monte, a acepción de Dodro parece máis razonable.
Di Sarmiento: “Cachar significa rozar y quemar un terreno lleno de matorrales para sembrar en él centeno o trigo. Cachada es esa heredad y cacheira un terreno muy espacioso para el mismo fin”.
En Portugal recóllese este mesmo significado. Cf. aquí “cachar”. *1

 

AS LEIRAS DO SAIÑAL (Mogor -lugar de Fraixo)
O Saiñal é un lugar da parroquia do Barqueiro. Unha “saíña”, significa “salina”, de “sal”. Por tanto, “saiñal”, co sufixo abundancial, sería un “lugar con sal”.
É importante remarcar que o significado alternativo de “saíña” é o de diminutivo de “saa/sá” (do xermánico sala), aínda que pola situación costeira cremos sexa neste caso relacionado con “sal” e non con “saa”, máxime cando se usa co sufixo “-al”, pois non tería moito sentido o de “lugar onde abundan as saas”. *2

 

A SILVAROSA (Covas, Vieiro)
Podería indicar un “lugar onde abundan as silvas”. Aínda que os dicionarios non rexistran este termo, pois o habitual sería “silveira” ou “silveiral”, si rexistran “silvaral”, polo que silvarosa quedaría igualmente explicado, sendo ambos, -al e -osa, dous sufixos abundanciais.
Tamén é probábel unha orixe no latín Silva hederosa, “bosque con hedras”. De feito, na Fonsagrada, existe un “Silvadrosa”, moi probablemente con esa orixe (cf. Piel). *3

 

SISMUNDI (Cariño)

Este topónimo ten a orixe nunha forma *(villa) *Sismundi, referindo un “possesor” medieval da villa (granxa) chamado Sismundus, nome de orixe xermánica, formado en base ao prototema *Sis “canto ritual ou funerario”, e ao deuterotema *mundaz “protección,garda”.

É interesante lembrar que, aínda que o nome teña orixe xermánica, non se pode derivar en absoluto que o posuidor da “granxa” tivese tal orixe, sendo apenas unha “moda” medieval. *4

 

Se tedes curiosidade, agardámosvos na charla!


*1 GONZÁLEZ,X.L. “Toponimia do Concello do Vicedo” (on line) http://toponimiavicedo.blogspot.com.es/

*2 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia do Concello de Mañón” (on line) http://toponimiamanon.blogspot.com.es/

*3 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia do Concello de Viveiro” (on line) http://toponimiaviveiro.blogspot.com.es/

*4 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia de Cariño” En Terras do Ortegal: revista de estudos locais, nº2. Ortigueira: Asociación Terras do Ortegal, 2015,pp. 143-155.

 

 

Advertisements

Unha opinión sobre “Por que vir a unha charla sobre toponimia?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close