A Rede do Patrimonio Cultural

Coa conmemoración do Día do Patrimonio Mundial o pasado 16 de Novembro, coidamos é bo motivo para informar sobre a constituída, a “Rede do Patrimonio Cultural”, rede de asociacións á cal está adherida NORDÉS.

RPCentidade-1

 

AS ORIXES DA REDE DO PATRIMONIO CULTURAL
A nosa asociación NORDÉS constituíse en 2013 co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio artístico, cultural, natural, histórico e prehistórico dos territorios arredor da Serra da Faladora.
Por veces, para a posta en valor deste patrimonio, faría falla emprender tarefas dun alcance tal que as volven imposibles para unha soa asociación. Tendo ademais en conta que moitas veces hai obxectivos coincidentes con outras asociacións, naceu a idea dunha “rede de entidades” para interrelacionar eficazmente distintas asociacións que compartisen obxectivos similares de conservación e divulgación do patrimonio.
Así, o 3 de xuño de 2017 tivo lugar en Santiago unha xuntanza de máis de 50 asociacións para a posta en marcha da Rede do Patrimonio Cultural (RPC). Nordés asistiu tamén a esta reunión “fundacional”, na que se concretaron e confirmaron os obxectivos desta Rede.

REDE
Fotografía: Rede do Patrimonio Cultural

QUE TENTA SER A REDE?
A Rede entende o noso patrimonio cultural, material e inmaterial, como un recurso estratéxico para a sociedade galega, que debe ser conservado e transmitido, nas mellores condicións, ás vindeiras xeracións.
A Rede acolle entidades que teñan por obxectivos a defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.

QUE ACTIVIDADES FARÁ A REDE?
Sendo un formato de “Rede de entidades”, tenta ser unha ferramenta para dar a coñecer actividades e accións das entidades participantes, así como favorecer o intercambio de coñecemento e de experiencias entre estas.
Para a posta en práctica do obxectivo xeral de defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, a Rede vai axudar ao lanzamento de campañas enfocadas en obxectivos concretos. Estas campañas, con equipos de traballo liderados por unha ou varias entidades da Rede, van levar a cabo accións concretas, informando ao resto da Rede dos resultados destas accións.
A Rede agrupa entidades con distintas sensibilidades, e cada entidade da Rede decide libremente se participa ou non en cada campaña.

ONDE ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Na páxina da RPC (http://redepatrimonio.gal/) poderás consultar polo miúdo que é a RPC e como funciona. Tamén aquelas primeiras actividades que se realizaron para conmemorar o Día do Patrimonio Mundial (http://redepatrimonio.gal/16-de-novembro-a-rede-do-patrimonio-unese-ao-dia-do-patrimonio-mundial)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close