Actividade de colaboración co C.E.I.P. Francisco López Estrada no proxecto Voz Natura

O proxecto Voz Natura é un programa de educación medioambiental da Voz de Galicia que busca concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza. Dende o ano 1997 levan desenvolvido máis de 4000 proxectos coa participación de máis de 700.000 estudantes e 33.000 profesores.
O colexio Francisco López Estrada leva xa varios anos participando neste proxecto e para este ano 2018 levan adiante varias iniciativas para dar a coñecer a biodiversidade e patrimonio do Río Sor.
Sentímonos moi agradecidos pola oportunidade que nos dan á asociación Nordés de colaborar en dito proxecto e preparamos unha xornada que constou de dúas partes diferenciadas.

O xoves 5 de abril do 2018 saímos ás dez da mañá camiño da Serra da Coriscada, onde nos agardaba Eva Castro, arqueóloga e técnica en centros de interpretación e museos do Concello de Ortigueira. Alí, dende o Forno dos Mouros, puidemos ollar as espectaculares vistas que nos ofrece ese marco natural.
Grazas aos seus coñecementos os rapaces, e tamén os adultos, aprendimos a diferenciar as mámoas. Do mesmo xeito, Eva ilustrounos sobre os enterramentos que se facían en épocas tan lonxanas coma o Neolítico, o seu valor simbólico, como se facían, e as curiosidades que rodeaban o mundo do alén.

Mouros1
Foto 1. Eva explicando ante a atenta ollada dos alumnos do C.E.I.P Francisco López Estrada

Logo dun pequeno descanso para repoñer folgos, achegámonos a un tramo do Camiño dos Arrieiros, esa antiga ruta que ten máis de 5000 anos e que transcorre dende As Pontes ata Estaca de Bares. Soubemos dos diferentes usos que ese camiño tivo ao longo de tan extensa cronoloxía como o tráfico de mercadurías ou vía de comunicación entre as terras de ao pé do mar ata as alturas dos montes da Serra da Faladora, camiño que vai marcado polas case 100 mámoas catalogadas polo prestixioso arqueólogo do século pasado, Federico Maciñeira.

Arrieiros_Pix
Foto 2. O camiño dos Arrieiros ao fondo

Xa pola tarde, despois dun bo xantar tivemos a oportunidade de desfrutar da visita ao Museo Etnográfico de Meixido.
O seu creador, Narciso Luaces, fixo as delicias da rapazada ensinándolles tódalas maravillas que ese museo garda grazas ao incansable traballo de formiga que Narciso leva facendo ao longo de moitos anos.
Ver as caras de abraio dos nenos cando el lles daba explicacións sobre os usos das diferentes ferramentas, hoxe esquencidas por todos, foi unha experiencia entrañable ao tempo que enriquecedora.

Meixido_Pix
Foto 3. Narciso explicando con moito detalle e amabilidade

Foi sen dúbida unha xornada chea de satisfaccións, vai dende aquí o noso agradecemento ao profesorado do colexio Francisco López Estrada por ofrecernos a posibilidade de participar neste proxecto. Grazas a Vanesa Trevín e Eva Castro por acudir á nosa chamada para transmitir os seus coñecementos sobre o campo de mámoas da Coriscada e o Camiño dos Arrieiros, tamén o noso agradecemento a Narciso Luaces por abrirnos as portas do seu museo e deleitarnos con toda a sabiduria que comparteu con nós.
E finalmente agradecerlle aos alumnos e alumnas do colexio cos que disfrutamos dunha xornada que quedará na lembranza de todos e todas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close