Crónicas cubanas dun mañonés VII

Chegamos aos últimos días da nosa viaxe polo occidente de Cuba e, ainda que tan soio levamos na nosa maleta un exemplar dunha das obras de Lino Novás, a fermosura do país e o bo trato coa súa xente, fainos manter unha sensación positiva sobre todo o que foi o noso percorrido, os lugares que visitamos e as persoas que coñecimos. Pero non damos todo por perdido e esperamos que a sorte nos leve a dar con algún outro libro do noso autor. Quédanos Varadero, Matanzas ou Cárdenas, que aínda no o temos claro, e os derradeiros días na Habana coma últimas opcións.

 praia en Varadero

Cando chegamos a Varadero xa vemos que vai ser moi difícil que a nosa misión de froito. Nesta pequena cidade os locais están adicados case íntegramente ao turismo. Moitos hoteis, restaurantes, tendas de “souvenirs”, case nengunha libraría, e menos “de vello”, por suposto. A praia branca e o mar azul turquesa son os nosos compañeiros nestas xornadas de lecer varaderianas, tan soio crebadas pola visita a unha das cidades próximas, Matanzas, pois chámanos máis que ir á cercana Cárdenas.

Para chegar a Matanzas escollemos un dos medios de transporte máis habituais en Cuba, o colectivo. Coches antigos, a maioría de antes da Revolución, empréganse para o transporte de viaxeiros como se fosen autobuses de liña, pero sen horarios. Cando se enche, arranca.

A cidade decepciona. É fea, con pouco monumento destacable.  Rúas estreitas polas que o tráfico faise denso, tanto de coches, como de motos ou camións; e tradúcese en ruido e contaminación pola mala calidade do combustibel, case sempre diesel. Nas aceras moita xente. En Cuba, como xa temos comprobado, o de andar daquí para aló na procura de calquer cousa que supoña un posible negocio, unha mellora no sustento diario, unha oportunidade de conseguir un produto dos racionados ou escasos (menciñas, xabón, e outros), é o normal.

Matanzas_ ponte do tren
Ponte do tren en Matanzas

Paseamos polas rúas centrais, pero pronto buscamos a tranquilidade dos barrios máis lonxe do casco antigo. As pequenas casas da xente humilde sustitúen aos grandes edificios da época colonial e da primeira metade do século XX, moitos deles en mal estado pola falta de recursos para sacalos do seu estado case ruinoso. Tan soio a catedral foi restaurada fai uns anos, pero non ten moito encanto.

Despois de probar uns fritos de chícharos nun posto ambulante tomamos a decisión de voltar a Varadero. Matanzas non era a cidade que agardábamos.

Desencantados baixamos por unha das rúas que nos levan á esquina onde están os colectivos, e nesto que, ao ir pasar un cruce de rúas, na mesma esquina hai unha porta aberta que da a un local oscuro. A pouca luz natural que consegue entrar déixanos intuir ao pasar por diante o que parecen uns estantes cheos de libros. Desandamos uns pasiños e…sí. É unha libraría de vello.

Sen moitas esperanzas facemos a pregunta que vimos repetindo cidade tras cidade, libraría tras libraría: “¿Tiene algo de Lino Novás Calvo?” O libreiro, un home alto, seco, da o sí por resposta e introdúcese no seu labirinto de títulos e autores para xurdir ao pouco cun libro de portada beixe e follas amareladas polo paso do tempo. O título baixo un dibuxo dun home a cabalo que fai xesto de soltar un machetazo a outro que parece un escravo negro, “Pedro Blanco, el negrero”, Lino Novás Calvo. O regateo axusta o prezo, e o libro, unha das obras senlleiras da produción novasiana pasa á nosa propiedade.

portada

Tempo despois, segundo o fumos lendo, démonos conta de que ese libro estabanos chamando, e que non podía ser noutra cidade onde a atopáramos, pois Matanzas é parte desa novela (ou biografía novelada, que non está claro) e por ela case seguro camiñou Novás, quen sabe se anos despois de escribila, pode que nos últimos días da súa estadía en Cuba, antes de exiliarse.

Para nós son tamén os últimos días na illa. O Paseo de Prado na Habana, fermoso na súa decadencia, lévanos ás portas do antigo Centro Gallego, edificio colosal cuxas portas están pechas para nós nesta viaxe. Quen sabe se para outra vez, para outra viaxe, para outras crónicas cubanas que contar.

O Mañonés.

 _____________________________________________

A quenes lles interese este título decirlles que Tusquets editores reeditouna varias veces e a ofrecen na súa web. Tamén o fixo Espasa-Calpe dentro da súa colección Austral. E posiblemente tamén se poda atopar nas librarías de vello das nosas cidades. Probade. Nunca se sabe.

Enlaces de interés:

https://www.elnacional.cat/es/cultura-ideas-artes/pedro-blanco-el-malvado-mas-perfido-de-barcelona_64713_102.html

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close