Enquisa sobre as pinturas murais de “Santa María de Mañón”

santa-maria-de-mañon_img204975t0
Fonte: https://www.paxinasgalegas.es/santa-maria-de-ma%C3%B1on-204975em.html#gal 

Entre os contidos do número 3 da Revista de estudos locais “Terras do Ortegal” (2016) aparecía un artigo baixo o título de “Estudio de las pinturas murales de Santa María de Mañón (A Coruña), e que ía firmado colectivamente por un grupo de estudantes e profesores da Universidade Politécnica de Valencia.

Nese artigo explicábase a xénese do proxecto que os levou a facer un importante traballo de recuperación, estudo histórico-técnico, estado de conservación e proposta de intervención para garantir a perdurabilidade no tempo deste tesouro artístico, único das súas características no concello de Mañón, e que foi redescuberto cando por unhas obras na igrexa se retirou o encalado que as cubría.

Nas conclusiós chamábase a atención sobre a urxencia da necesidade dunha intervención co obxectivo inicial de parar o proceso de deterioro das pinturas para, nunha segunda fase, levar adiante un proxecto integral de conservación e restauración das mesmas.

Chama a atención que 16 anos antes a profesora Alicia P. Suárez-Ferrín, licenciada en Historia do Arte pola Universidade de Santiago xa fixera un completo estudo dos murais desta igrexa de Mañón (“La Pasión y el Juicio Final en los murales de Santa María de Mañón”), no que, ademáis de explicar o contido das esceas preservadas, e a técnica e materiais empregados na súa feitura, daba conta das dificultades polas que pasaban os murais dende que a intervención feita de urxencia pola restauradora Blanca Besteiro e o seu equipo no ano 1998, e remataba igualmente pedindo que se levasen adiante tarefas no mesmo sentido que as demandadas polos estudantes e profesores da Universidade de Valencia.

Desgraciadamente todas estas chamadas de atención non obtiveron polo de agora resposta algunha, polo que unha daquelas estudantes que formaban parte do grupo levantino, Clo Lemoine, propúxose recoller datos mediante a enquisa que é o motivo deste texto, e que vos pedimos por favor que cumprimentedes pincando neste enlace https://docs.google.com/…/1fKA8zacBSdsFqPDmEfVsyr…/viewform… .

Deste xeito poderase saber do grao de coñecemento entre a poboación residente no concello de Mañón e veciños e, ao tempo, difundilo. Non vos levará moito tempo, e deste xeito axudaredes tanto á nosa amiga Clo coma ao noso Patrimonio histórico-artístico.

Quixéramos rematar facendo unha solicitude de intervención dos poderes públicos para que as pinturas murais da Igrexa de Santa María de Mañón sexan motivo de honra para o concello e para Galiza enteira pola súa recuperación e conservación, e non de vergoña pola súa perda definitiva e irremediable.

________________________________________

Para máis información:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close