Arte Sacra no Concello de Mañón

ARTE SACRO def.

No Concello de Mañón aínda quedan tesouros dos que falar e segredos que achar. Un deles é a arte que se agocha nas súas parroquias, expresións que configuran un patrimonio que debemos protexer e divulgar. Por iso, o sábado 21 de xullo, Nordés ofrece un roteiro, dende Bares ata as Grañas do Sor, guiado por expertos e coñecedores do seu que achega os puntos máis significativos da arte sacra da zona ao saber común. E que tamén tira dun fío común: a importancia dunhas boas prácticas e actuacións sobre o noso patrimonio.

Da man de Bernardo Penabade (Filólogo), Clotilde Lemoine (Graduada en Conservación e Restauración pola UPV), F. Javier Martínez (Arcipreste do Ortegal e párroco de Santa María de Ortigueira), Cristóbal Rivas (párroco do Concello de Mañón e do Vicedo) e veciñas e veciños achegarémonos, primeiro, á parroquia de Santa María de Bares (10.00h.).Alí, falarannos da intervención sobre o retablo do século XV presente na igrexa. Dende alí, cara as 11.30h., a seguinte parada é Santa María de Mañón onde contemplaremos exemplos da pintura mural galega dos século XV-XVI e onde o visitante será testemuña do preciso que é preservar exemplos únicos en Galicia.

Santa María de Mañón
Imaxe das pinturas da igrexa de Santa María de Mañón. Fonte: Lemoine, C. (2016) Estudio histórico-técnico de las pinturas murales de Santa María de Mañón (A Coruña). Universitat Politècnica de València,p. 17.

 

Para acabar, cara as 13.00h., remataremos o roteiro na parroquia das Grañas do Sor, onde se levou a cabo unha restauración da igrexa e dos seus arredores propulsada polas veciñas e polos veciños do lugar.

O punto de quedada para o inicio do roteiro en coches é ás 09:30h. no Restaurante “A Goleta”, no Barqueiro (Concello de Mañón). Dende este lugar, iniciaremos a marcha en coches. Se o preferides tamén podedes agardar, no horario que está marcado no cartel, en calquera punto do roteiro.

Para acabar a mañá, e por si vos interesa intercambiar impresións da xornada, cara as 14:30h. xantaremos en “Casa Urbano” (Mañón). As prazas son limitadas e é preciso reservar e confirmar no teléfono 653756454 ou no e-mail asociacion.nordes@gmail.com. O prezo é de 15€ para soci@s e de 18€ para non soci@s.

Agardámosvos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close