Sinopse da viaxe á Ribeira Sacra

Fai uns anos que dende Nordés pensamos que non estaría de máis  saír da nosa zona de traballo e coñecer outras comarcas, outros lugares, outras paisaxes e a outras  xentes.

33612919_1010793152412850_6880249252677681152_o
No catamarán polos Canóns do Sil. Fonte: Nordés.

Gran acerto. Pois así enriquecemos a nosa bagaxe cultural e, a pouquiños, imos percorrendo novos vieiros pola nosa terra.

Desta volta achegámonos á Ribeira Sacra. A beleza espectacular dos Canóns do Sil, a artesanía, a viticultura ou  a gastronomía foron paradas dunha viaxe intensa que nos deixou abraiados e un sabor agridoce. Pois, a pesares de ser moito o que ollamos e palpamos, quedounos a sensación de que moito máis había por ver na Terra de Lemos.

33691392_1010793932412772_2755766375640203264_o
Vista dunha adega dende o río Sil. Fonte: Nordés

A meteoroloxía pronosticaba día de auga, mais iso non é cousa que amedrente á xente nordesteira. Preparados para as inclemencias do tempo, saímos da mañanciña cargados de paraugas, chubasqueiros e enerxía. Un café en Outeiro de Rei para coller folgos xa nos daba a entender que as prediccións do tempo non sempre acertan. O sol ía collendo forza e abríase paso entre as néboas matinais. Ao mediodía cambiamos de transporte, baixamos do bus e subimos no catamarán do embarcadoiro de Santo Estevo.

Somos xente afeita ao mar e aos amplos horizontes, non estábamos preparados para imaxinar a visión incríbel dos Canóns do Sil, a súa maxestuosidade, a forza abrupta dos canóns e a frondosa vexetación cun bosque de ribeira que, debemos recoñecer, nos deu certa envexa. Foi unha comunión sensorial íntima na que cadaquén intentaba explicar pero as palabras non eran capaces de transmitir os sentimentos que nos embargaban.

33780784_1010795369079295_7495620926919147520_o
Na Adega Regina Viarum. Fonte: Nordés.

Logo de tal experiencia, saímos cara Monforte de Lemos. Un pequeno aperitivo contemplando a beleza do Convento dos Escolapios, tamén coñecido como o “Escorial galego”, fixo que o apetito comezase a chamar á porta. Co xantar do restaurante “O Carballo” cargamos as baterías dando conta dun espléndido menú e dun trato á altura das carnes que degustamos.

33619961_1010797965745702_7219911505716707328_o
Vista do carril na Adega Regina Viarum. Fonte: Nordés.

A seguinte parada foi para entender o significado de “viticultura heroica” nas “Adegas Regina Viarum“. Aprendimos o proceso dende a vendimia ata o embotellado, catamos as excelencias dese caldo que , xa só polo traballo do cultivo das vides, merece todo o noso recoñecemento.

Avanza a tarde e chegamos á seguinte estación: a alfarería de Gundivós. Canta sabiduría encerra a historia que transcorre de vagar onde o tempo semella que se parou fai centos de anos.

33788785_1010794505746048_5099957842169823232_o
Elías González, da alfarería Gundivós. Fonte: Nordés.

O alfareiro Elías González foinos levando pola antiga rectoral conservada coma se estivésemos alá polo século XVIII. Agora entendemos un pouco máis a delicadeza e a fermosura dun traballo totalmente artesán, onde as présas non teñen cabida. Tódolos eloxios que se podan facer son poucos. Só podemos recomendar a visita para así entender que outro xeito de vivir é posíbel.

33657194_1010791342413031_7058299071848513536_o-e1531760533138.jpg
Parte do proceso de elaboración da cerámica na alfarería Gundivós, por Elías González. Fonte: Nordés

A derradeira parada, o colofón da xornada, foi unha visita ao Mirador do Duque, onde puidemos voltar a ver os Canóns do Sil, pero esta vez cunha perspectiva diferente: dende as alturas. Dende alí pódese observar toda a magnitude dos Canóns, dos cultivos da vide ordenados en terrazas ata chegar ao río e o propio curso do Sil, no seu serpentear cara o Miño.

33575102_1010791799079652_3293110356813021184_o
Participantes na xornada pola Ribeira Sacra no Mirador do Duque. Fonte: Nordés.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close