VIII Xornadas Memoria dun Tempo

VIII XORNADAS MEMORIA DUN TEMPO 8 GRIS LOGO CUARZOS

Ao longo dos anos, as Xornadas “Memoria dun Tempo” achegaron ao Barqueiro aqueles puntos de vista que foron silenciados por unha historia única creada por un poder concreto, o franquista.

Agora, nesta octava edición, as xornadas seguen afondando no importante das historias, en plural, fixándose en quen as conta, cando e como.

As VIII Xornadas “Memoria dun Tempo” achéganse ao mundo rural, ás políticas que afectaron á nosa terra e ás nosas xentes durante os anos da dictadura. A programación destas xornadas chega á xénese de certas realidades que podemos atopar hoxe en día no rural. E con todo isto, pretenden visualizar un panorama singular repleto de complexidades que precisan ser explicadas.

Xoves 23

DavidVazquezBelesar-1024x681
David Vázquez, director do documental. Fonte: https://milhistorias.eu/asolagados-e-os-dias-afogados-nos-encoros-de-belesar-e-lindoso/. Autora: Rosa Veiga (2018)

O xoves 23 ás 20:00h. proxectarase o documental “Asolagados” (2013) do director David Vázquez. O documental, cun guión de Afonso Eiré (escritor), recolle os relatos daquelas persoas que viviron a construcción do encoro de Belesar e sufriron as consecuencias da subida das augas. O director achegarase ata o Salón de Actos do Concello de Mañón, no Barqueiro, para falar co público sobre a gravación das imaxes daquelas aldeas que quedaron asolagadas no 1963 e ao aire no 2011.

asolagados-838520785-large

O documental tivo unha moi boa acollida dende o seu estreno no 2013, conseguindo ser seleccionado para a súa proxección e competición en diferentes festivais, tanto nacionais como internacionais (Colombia). Tamén foi recoñecido co premio periodístico  “Moncho do Pío” (2014) e gañador en 2015 na sección de “Olhares e Enquadramentos” no RIOS, Festival Internacional de Cinema Documental en Vila Real (Portugal).

Venres 24

52728c3192b21-diaz
Alba Díaz Geada, historiadora. Fonte: http://histagra.usc.es/es/nova/29444625b090/

Coa charla “Políticas para a modernización do rural galego durante o franquismo” do venres 24, preténdese dar o contexto que explique actuacións como a do encoro de Belesar en 1963. Así, a historiadora Alba Díaz Geada (USC) pretende reflexionar co público sobre a mudanza complexa que viviu a sociedade rural galega durante a dictadura. A súa charla prestará especial atención ás distintas políticas agrarias despregadas (reforestación forzada do comunal, accións de concentración parcelaria, o fomento da especialización leiteira ou a labor do Servicio de Extensión Agraria) e como foron implementadas sobre o terreo, dando paso á individualización nun mundo en común.

Alba Díaz Geada é veciña da Mariña e desenvolve o seu quefacer na Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao grupo de investigación sobre historia agraria e políticas do mundo rural chamado “Histagra”. As súas liñas de investigación dende o 2009 son, por tanto: historia agraria e historia social, movementos sociais, cambio social e cultural, o franquismo e a transición á democracia.

Sábado 25

21122706_862164453942388_8276571002937373798_o
“V Homenaxe” na Ponte Vella do Barqueiro. Ano 2017.

O sábado será a ” VI Homenaxe a republicanxs e libertarios”, na Ponte Vella do Barqueiro, ás 12:00h. Convidámosvos a asistir e compartir palabras, xestos, flores e/ou silencios que recordan o motivo polo cal comezaron as Xornadas “Memoria dun Tempo”. Convidámosvos a darlle pulos a unha acción que semella, pouco a pouco e xunto con outras a nivel estatal, devolver a luz a quen estivo nas tebras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close