“Delicadas”, teatro no Vicedo

 

BUXIGANGA 2018 20.00

“Había unha vez mulleres que foron educadas para ver, escoitar e calar,…” Para Alfredo Sanzol, esas mulleres eran, en concreto, a avoa e as irmás desta.

“Abuela, un día me tienes que contar tu vida”, y me contestó “Mi vida no le interesa a nadie” y yo le dije: “A mí sí”.

Alfredo Sanzol no “Dossier de Prensa” do Teatro Español, falando sobre “Delicadas”. Para velo, facer “click” aquí.

“Delicadas” é unha obra do dramaturgo Alfredo Sanzol, adaptada ao galego e interpretada polo grupo Rebuldeira Teatro. Está escrita orixinalmente en catalán e recibiu o “Premio Max de las Artes Escénicas” no 2011.

Nos 75 minutos de representación, o público achegarase a unha historia de historias, que teñen ou non teñen relación entre elas, que fan reflexionar a través do HUMOR e convida a lembrar, a viaxar ao pasado e a ver similitudes en diferentes contextos.

“Esta pieza está dedicada a mi abuela y a sus hermanas. Es una manera de devolverles su cariño. Una manera de hablar con ellas, de divertirme con ellas. Es una manera de intentar comprender aquello que sabemos que nunca entenderemos”.

Alfredo Sanzol no “Dossier de Prensa” do Teatro Español, falando sobre “Delicadas”. Para velo, facer “click” aquí.

En “Delicadas” mostrase diferentes vivenzas de mulleres ás que lles tocou vivir a guerra e a posguerra: ocupadas para xogar, gardando de todo por se fose preciso, logo ocupadas coa familia, enfrentadas pola súa ideoloxía, despedindo ao irmán que se foi á guerra, a soidade vendo a vida pasar, a espera,… Pero “Delicadas” tamén é o anacronismo, o pai que quere ser amigo da súa filla no facebook. Por todo isto, é unha historia de anécdotas do día a día ás que ao final o público lles da un sentido.

Rebuldeira Teatro é unha compañía de teatro afeccionado nada en Sarria fai 7 anos, a partir da “Aula de Formación Teatral” do Concello. O grupo está formado por 9 actrices e actores de todas as idades. Dende o 2011 levan representadas pezas como: “A comedia bífica”, “Louca” (adaptación da “Asamblea de Mulleres”), “O Bar de Manolo”, etc. Tamén realizan improvisacións e colaboran en diferentes actos culturais, feiras e homenaxes, non só en Galicia.

“Delicadas” achegarase á Casa da Cultura do Vicedo o 6 de outubro, ás 20:00h., da man do grupo sarriá e grazas ao programa provincial de apoio ao teatro afeccionado, Buxiganga, da Deputación de Lugo.

 

Agardámosvos! A entrada é de balde!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close