Visita á Ponte do Barqueiro de EUROM e HISTAGRA

46494521_258142105059344_5492406901134065664_n

O martes 20 de novembro, Nordés recibiu na Ponte do Barqueiro a un grupo de investigadoras e investigadores do Observatorio Europeo de Memoria (EUROM, impulsado dende a Universidade de Barcelona) e do grupo HISTAGRA, da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta visita foi unha parada máis dentro do taller de Historia: “Lugares de violencia: lugares de memoria e amnesia. Itinerarios pola violencia golpista de 1936 e as súas consecuencias en Galicia.” Dende a organización explican a fin deste pecorrido de 3 días de duración:

A historia do golpe de estado de 1936 escríbese, tamén, sobre o territorio, sinalada en diversos lugares de violencia. O que foron cárceres, cuarteis militares e de milicias, campos de concentración, lugares de execución e enterramento, fosas… dispérsanse por todo o territorio  galego marcando os fitos xeográficos dun proceso de persecución e exterminio ligado á toma violenta do poder. Galicia que foi tomada polos golpistas antes de final de xullo de 1936 constituíu, en certo sentido, un laboratorio das prácticas de violencia que se viviron en Europa no contexto da década de 1930 e a Segunda Guerra Mundial. Aquí os golpistas puxeron en marcha en primeira instancia as técnicas de eliminación dos seus declarados inimigos que estenderon posteriormente a outros territorios e institucionalizaron baixo a ditadura franquista.
Fonte: Nota de prensa do Grupo Histagra e do Observatorio Europeo de Memorias, dispoñíbel aquí.

O taller chegou ao Barqueiro logo de visitar o Campo de Concentración de Arnao (Castropol, desembocadura do Eo), Ribadeo e Mondoñedo. O seu itinerario levaos por outros puntos de violencia como: Aranga, Campo da Rata, San Simón ou Boisaca.

46501916_200287934219260_2505508234849157120_n46522532_410903669447741_4528532273301028864_n

 

 

 

 

Dende Nordés compartimos os coñecementos que levamos aprendido e divulgado dende as I Xornadas Memoria dun Tempo, grazas ás investigacións dos historiadores Emilio Grandío Seoane e Carlos Nuevo Cal e do afán investigador de membros da propia Asociación Nordés, como Luis Real ou Bernardo Penabade. Tamén contamos coa presenza de María Jesús Castaño, neta de Jesús Castaño Galdo, alcalde de Mañón durante o Golpe de 1936 e fusilado no Castelo de San Felipe en abril de 1937 xunto con 5 veciños máis: Manuel Ventosinos, Jesús Verdeal, Germán Cervo, Jesús María Fernández e José Rivera.

46522620_2117231715255642_6355919932944809984_n

El historiador Emilio Grandío nos cuenta que, el miércoles 22 de julio de 1936, a Ponte do Barqueiro se sitúa entre las tropas militares sublevadas que salen de Viveiro y un grupo de entre 80 y 100 civiles: obreros que trabajaban en la construcción de los túneles del ferrocarril, vecinos de la zona y del Ayuntamiento de Mañón, entre los que destaca el único carabinero leal a la República (Manuel Ventosinos). Los denominados por la prensa como feitos do Barqueiro consistieron en una serie de disparos y detonaciones de cargas explosivas que se detuvieron al observar la llegada de los militares a la orilla lucense[1].
Desde aquel momento, el puente se convirtió, según Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial del Ayuntamiento de Viveiro), en “el lugar más común donde solían aparecer con frecuencia los asesinados de la zona.” La principal explicación para la realización de los paseos en este lugar es su entidad de límite provincial, en dónde se desdibujaba el trámite burocrático que debía esclarecer los motivos de tales hechos[2]. Ese lugar era, concretamente, la orilla coruñesa del río Sor, cerca de la casona de servicio de los peones para aquellos naturales de Ribadeo, Cervo o Viveiro.
Fragmento do texto que lle entregamos na Ponte do Barqueiro, elaborado a partir da seguintes fontes:
[1] Grandío, E. (24 de noviembre de 2000) O Barqueiro, xullo de 1936. La Voz de Ortigueira, nº4404. El artículo continúa en los números del 1 de diciembre de 2000 (nº 4405) y del 8 de diciembre de 2000 (nº4406). Es muy importante para nosotros el artículo escrito por Emilio Grandío en folleto de las II Xornadas Memoria dun Tempo (Agosto, 2012) titulado “O que contemplou a ponte: da modernización republicana ó drama colectivo”.
[2] Nuevo Cal, C. (2003) A represión fascista nas Terras de Viveiro. A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria, pp.543-591.

Dende Nordés agradecemos a súa visita e o seu interese nos feitos que tiveron lugar na Ponte do Barqueiro durante o 1936 e, posteriormente, noutros lugares do Concello de Mañón.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close