Enerxías renovables no fogar

-Presente e futuro-

 

img-20190126-wa0000

 

Coa privatización total da enerxía eléctrica no Estado español no ano 2007 (venda da participación estatal en Endesa) rematou un largo proceso no que, coma sempre, os prexuizos caíron do lado da xente de a pé, e os beneficios noutras que non é preciso nomear porque é sabido por todos e todas.

Esta privatización viña xerando, xerou, e está a xerar unha suba ininterrumpida do prezo da electricidade, o que afecta gravemente ao peto dos consumidores, penalizando aínda máis a quenes menos recursos teñen: desempregados, pensionistas, etc. E non é que o digamos nós, un informe do Observatorio Social de “La Caixa” (aquí), elaborado por membros da Asociación de Ciencias Ambientales (ACA), explica de forma sinxela o gran problema que supón para moitas persoas o pago do custo da electricidade que precisa para manter unhas condicións de vida dignas dentro do seu fogar, o cal nos fai falar en termos de “pobreza enerxética”. Dentro do mesmo informe recomenda analizar “as posibilidades que ofrecen as enerxías renovables, en especial a fotovoltáica en réxime de autoconsumo”, algo do que vai tratar a actividade que Nordés organiza para os vindeiros 1 e 2 de febreiro.

Para primeira desas datas, a Asociación ten previsto ás 8 da tarde un relatorio na Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro) a cargo do noso compañeiro Gilberto Gil, enxeñeiro mecánico e máster en enerxías renovables, que nos achegará ao mundo das enerxías limpas dando resposta ás preguntas máis habituais sobre o tema, e cantas outras se queran facer por parte do público asistente. Pero non soio falará desas enerxías, senón que plantexará unha proposta real e práctica para a instalación de fontes de enerxía fotovoltaica en vivendas coma as da nosa contorna, dando datos económicos e técnicos que seguro serán de grande interese.

Imaxe de Sotavento. En “Innovación en los parques eólicos: el caso de Sotavento en Galicia”. Fonte: Eoliccat, aquí.

Interesante tamén é a idea da xornada do sábado, que consiste nunha visita guiada (previa inscripción) ao Parque Eólico Experimental “Sotavento”, en Xermade (Lugo). Alí coñeceremos de primeira mán os avances que en materia de enerxía renovable se están a acadar, tendo por obxectivo a protección do Medio Ambiente apostando pola eficiencia e o aforro enerxético, e dando forma a un proxecto divulgativo moi didáctico que vai ser do gusto de nenos e maiores.

Para quenes queran acompañarnos na visita guiada, decirlles que teñen que ter en conta que é preciso anotarse previamente (ata o xoves 31 de xaneiro), tendo que facer a inscripción chamando ao 653 75 64 54 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com, e cun custo de 5€ para as persoas non asociadas, e de balde para as nordesteiras e nordesteiros.

Sábado 2 de febreiro: a saída será ás 11:00h. dende o Restaurante A Goleta, no Barqueiro. Tamén nos poderán agardar no Parque Eólico, ás 12:00h. 

Unha opinión sobre “Enerxías renovables no fogar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close