As Paisaxes da Faladora

Unha visita guiada polo interior das aldeas.

No 2019, preto do 40% da poboación galega reside nas sete cidades principais e outra tanta repártese en núcleos de máis de 10.000 habitantes. Pero ante estas illas urbanas…Galicia segue a ser rural.

O rural galego é un bo exemplo de diversidade paisaxística, tal e como decía Otero Pedrayo, polos seus montes e vales, as súas serras e chairas, as diferentes ribeiras e costas,… Para el, a paisaxe galega tamén era o circular da agua; as cores, os sons e as sensacións; as vivencias e as persoas; a historia do campesiñado…

Abel Bouhier en Lourizán (Pontevedra) no 1982. Fonte: Orixinal de Manuel Alonso Gondar.

No 1958, un xeógrafo francés, chamado Abel Bouhier, chegou por primeira vez a Galicia para estudar a diversidade das poboacións rurais galegas e as súas paisaxes agrarias, froito da continua relación entre as xentes e a natureza. Bouhier escolleu Galicia polas características do medio físico e poblacional pero tamén por ser un “finis terrae”, un máis da costa atlántica europea que ve medrar o mar…

Ese mesmo mar é o que baña as terras da Faladora e perdemos de vista ao camiñar quilómetros cara o interior. Alí, onde naceu Nordés no 2013. Ao longo destos anos, a asociación foi poñendo en valor o patrimonio cultural, material e inmaterial, e o propio natural dos concellos de Ortigueira, Mañón e O Vicedo, por exemplo.

O sábado 27 de abril, Nordés propón un novo enfoque sobre o patrimonio cultural da man de Quique Fojón Caruncho : unha visita guiada polo interior de tres aldeas onde as súas paisaxes sobreviviron case intactas polo mantemento de técnicas tradicionais de traballo e pola inactividade das políticas da concentración parcelaria.

Na orden da visita, serán:

  • Céltigos (Ortigueira), onde atoparemos unha paisaxe típica da franxa costeira.
  • As Cabeceiras de Couzadoiro (Ortigueira), paisaxe das ladeiras das serras.
  • A Cadrilla do Medio das Grañas do Sor (Mañón), paisaxe típica das zonas máis altas, con leiras de chantos.

O punto de encontro: é a Igrexa de Céltigos (Ortigueira) ás 09.30h. Para quen o prefira, disponse un punto de encontro anterior, ás 09:00h., no Barqueiro: no Restaurante “A Goleta”. En todo caso, rógase levar calzado axeitado para camiños mollados e/ou enlamados.

A xornada terá o seu fin cara ás 14.00h. Mais… Nordés organiza un xantar para ás 14:30h. en Ortigueira, na “Cabana de Fos”. O prezo do menú é de 15€/persoa e consta de: merluza en salsa, polo asado, tarta de queixo e café.  É preciso anotarse para o xantar antes do mércores 24 de abril, porque as prazas son limitadas: 653756454 (Ricardo).
Agardámosvos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close