Viaxe ao Courel

Dicía Uxío Novoneyra, “SÓ lembrar é volver cando lembramos soños”. E nós mentiríamos ao decir que lembramos o Courel. Nunca ata alí fumos. Mais… ao pensalo detidamente… Estivemos alí! Non unha, senón moitas veces. Viaxamos ao Courel, andivemos as súas corredoiras, subimos os seus cumio, entramos nas aldeas, falamos coas súas xentes…e todo isto sen movernos das nosas cadeiras. Porque Novoneyra, o gran poeta do Courel, e de Galicia enteira, é quen de, empregando tan soio as súas palabras, facernos percorrer xeográfica e emocionalmente toda a bisbarra.

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! 

Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

Extracto do Documental “Os Eidos, Uxío Novoneira e O Courel de fondo” do programa Historias con Data da TVG. 1991

Agora Nordés, ao son dos versos de Novoneyra, propón unha viaxe máxica na que se mestura a obra do autor e a paisaxe do Courel. Deste xeito, o sábado 25 de maio visitaremos:

  • Casa de Uxío Novoneyra, sede da Fundación co mesmo nome, en Parada do Courel. A Fundación creouse no 2011 co fin de conservar e difundir o legado e a obra do poeta; defender o medio ambiente, en especial o relacionado coa súa obra; etc(1).
  • Souto da Ruibal, incluido no Catálogo galego de árboles senlleiras, e que se atopa nas inmediacións da casa. O Souto conformado por medio centenar de castiñeiros, cuns 300/400 anos, é importante: polo seu valor histórico e etnográfico,ligado á castaña base da dieta tradicional humana e animal; e polo seu valor cultural e literario, xa que está presente nas obras doutras autoras e autores, como María Mariño (2).
  • aldea de Froxán, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), pola súa importancia etnográfica ( a arquitectura, a paisaxe natural e cultural, as tradicións). A Asociación Fonte do Milagro recuperou fai anos unha tradición relacionada coa castaña seca que transformou na Festa da Pisa. Ademáis, preto dela atópase O Sobreiral de Froxán, atravesado polo río Lor, un bo exemplo de bosque mediterráneo.

Episodio sobre O Courel do programa 80 cm (La 2 de TVE)

IMPORTANTE! Facemos dúas puntualizacións:  andaremos 1 km de ida e outra de volta ata chegar á Fundación e xantaremos de campo no Souto. Polo que é preciso levar calzado axeitado e comida para cada unha/un.

O prezo da actividade é de 5€ para socias e socios e de 10€ para non socias/os. A saída será ás 07:30h. en Ortigueira, con paradas no Barqueiro, Vicedo e Mañón.

Rematamos este texto dende o Courel no que nunca e moitas veces estivemos…

No quedo da tarde ollo

longo nembrando choivas d’antes.

Para anotarse na actividade e concretar a parada é preciso chamar ao teléfono 653756454 (Ricardo) ou enviar un e-mail a asociacion.nordes@gmail.com.

Agardámosvos!


WEBGRAFÍA

(1) Fundación Uxío Novoneyra: http://uxionovoneyra.com/a-fundacion/

(2) Cultura Galega. “O Souto de Novoneyra entrará no Catálogo de Árbores Senlleiras”: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=27664

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close