Os Muíños do Ortegal

Cartel Os muíños do Ortegal

Quen a día de hoxe faga un percorrido a pé polas beiras de moitos dos ríos, regos e regatos de Galicia, ou tamén polas súas desembocaduras nos cantís, de seguro vai dar cunha serie de construcións, na súa meirande parte abandonadas e en estado ruinoso, que noutro tempo estiveron adicados a moer o gran de maínzo, trigo e outros cereais para producir a tan prezada e necesaria fariña. Son os muíños de auga.

No mesmo estado de abandono, salvo contadas excepcións, e nos sitios máis expostos ao vento, intentan manterse en pé algúns restos de edificacións circulares que tiñan o mesmo fin que aqueloutras construcións das que falabamos no anterior paragrafo, é dicir, facer a moída dos cereais que se plantaban na contorna aproveitando a forza eólica. Lóxicamente estamos a falar dos muíños de vento.

E abondando máis neste tema, hai outro tipo de muíños que non son tan correntes polas nosas costas debido seguramente ao duro que bate o mar na meirande parte delas. Serían estes os muíños que aproveitan a forza das mareas para que o seu rodicio transmita o movemento á pedra de moer, e dos que temos un exemplo restaurado en Senra, parroquia do Concello de Ortigueira.

Todo isto non ten outro obxectivo que facer a introdución á nova actividade de Nordés que está prevista para o vindeiro sábado 25 de xaneiro.

Nesta ocasión, e tendo como guía e mestre ao Profesor da UNED e Investigador da USC, Xosé María Leal, propoñemos un roteiro baixo o título: Os muíños do Ortegal. A súa tipoloxía e historia.

Xosé Mª Leal é investigador, divulgador e activista patrimonial. Licenciado en Xeografía, actualmente realiza a súa tese de doutoramento pola USC sobre A pesca e a industria de transformación na Galicia Cantábrica (1760-1940). De Cariño a Ribadeo. Unha “nota” sobre este tema foi publicada no nº 6 da revista de estudos locais Terras do Ortegal, onde é socio e colaborador. As investigacións realizadas ao longo de máis de vinte anos poñen en valor as construcións relacionadas con ciclo do pan, entre as cales se atopan os muíños, as eiras, os cabazos, os fornos, …

José María Leal. Fonte: El Progreso.

O roteiro suporá unha inmersión nun pasado, non tan lonxano, no que a meirande parte das leiras da nosa bisbarra estaban adicadas ao millo, as patacas, as fabas, as cebolas, etc, en vez de estar ao bravo ou ao eucalipto, e na que a labor da moenda era esencial para as familias, pois sempre foi o pan o alimento que non podía faltar na mesa do rico e moitas veces era o único que había na do pobre.

Coñeceremos os tipos, como funcionaban, xestionaban e tamén saberemos como e porque muíños, muiñeiros e muiñeiras, entraron a forma parte da nosa bagaxe cultural e social. Pois non hai que esquecer que o muíño, ao igual que nesta actividade nordesteira, era punto de encontro, lugar onde botar unha parolada, mocear, cantar e facer soar a gaita e mailo tamboril.

Non o penses moito, que as prazas son limitadas!  Podes anotarte chamando ao 653756454 (Ricardo) ou  por correo electrónico a asociacion.nordes@gmail.com.

O dito, agardámoste nesta muiñada.

Itinerario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close