X Xornadas “Memoria dun tempo”. Version Covid.19

A Asociación Nordés organiza para os días 20, 21 e 22 de agosto a X edición das Xornadas “Memoria dun Tempo”, versión Covid.19. Unha edición cun formato que pode variar: nun principio, as charlas son presencias e por retransmisión en directo; mais poderían ter só formato on-line. Todo, segundo a evolución da pandemia, estando suxeito ás disposicións das autoridades en materia de reunións e actos e, por suposto, tendo en conta en todo momento as recomendacións sanitarias para evitar contaxios.

Deste xeito, as conferencias previstas para o xoves 20 e venres 21, que serán transmitidas polo facebook (/nordesfaladora), terán aforo limitado a 28 persoas coa obriga de levar posta a máscara e atender á disposición de postos, polo que será preciso reservar ben poñendo mensaxe ao enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com, ou chamando ao número 628566900 (Leti). As prazas libres no Auditorio do Centro Sociocomunitario do Concello de Mañón, O Barqueiro, cubriranse por orde de chegada ese mesmo día.

Xoves, 20 de agosto, ás 19:30h. Eliseo Fernández e Emilio Grandío con “Democracia e violencia na II República”

Esta exposición está relacionada coas súas derradeirss investigacións. Unha charla para tentar resolver, en boca dos autores, “esa identificación case epidérmica da nosa sociedade entre Segunda República e violencia”, a través da difusión dos datos e do seu debate. Recordemos que a violencia neste período democrático foi un dos motivos para realizar o golpe de xullo de 1936, polo que é preciso realizar análises alonxadas dos filtros de tal suceso histórico, do posterior franquismo e incluso, de filtros presentistas de certa naturaleza política.

Eliseo Fernández.

Eliseo Fernández é de Ferrol. Diplomado en Biblioteconomía e Documentación é un historiador especializado no estudo do movemento obreiro e o desenvolvemento do anarquismo e do anarcosindicalismo en Galicia, así como na represión exercida polo réxime franquista sobre os anteriores. Entre o 2014 e o 2016 foi presidente do Ateneo Ferrolán. Alí presentamos no 2016 ás VI Xornadas “Memoria dun Tempo”. En diferentes edicións desta actividade, Eliseo tratou: o Congreso Internacional da Paz de Ferrol na I Guerra Mundial,  o sindicalismo mariñeiro no Ortegal durante a II Repúblicaa presenza de orteganos na II Guerra Mundial, etc. Con Dionisio Pereira acaba de publicar “Nacionalismo e anarquismo na Galiza (1840-1940)” (Edicións Positivas, 2020).

Emilio Grandío. Fonte: HISPONA

Emilio Grandío é profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nesta universidade, é coordinador do Grupo de Investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismo). Emilio é un historiador especializado na II República, no primeiro franquismo e na transición democrática. Autor de los Informes Históricos sobre el Pazo de Meirás encargados por la Deputación da Coruña (2018) y la Comisión de Expertos de la Xunta de Galicia (2019). Coordinador –junto con X.M. Núñez Seixas- del dossier Meirás: a sombra da ditadura en Grial. Revista Galega de Cultura (out-dec 2019). Participa nas Xornadas “Memoria dun Tempo” dende o seu comezo coa charlas “Mañón anos 30. Da democracia republicana á ditadura franquista” ou presentando o libro Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937). Faustino Vázquez Ramil (Nigratrea, 2011).

Venres, 21 de agosto, ás 20:00h., Francisco J. Leira Castiñeira con “Vítimas do recrutamento forzoso do exército sublevado”

Este relatorio pretende achegarnos ao que foi unha realidade nas nosas bisbarras e en toda Galicia: a incorporación obrigada ao exército golpista de milleiros de homes nunha disxuntiva na que a vida e a morte non se tiña por segura, fose cal fose a elección. Leira Castiñeira afonda nas realidades destas persoas e no contexto violento do propio golpe de 1936 e da posterior guerra, para romper o tópico do colaboracionismo.

Dicir que, baixo reserva, poderase mercar o libro de Francisco J. Leira Soldados de Franco. reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar (Siglo XXI, 2020), quen asinará exemplares ese mesmo día.

Francisco Leira. Fonte: LinkedIN.

Francisco J. Leira é doutor en Historia pola USC coa tese La socialización de los soldados del ejército sublevado (1936-1945). Su papel en la consolidación del Régimen franquista (2018) que mereceu o Premio Miguel Artola para tesis doctorales en Historia Contemporánea. Tamén é xestor documental. Forma parte do grupo de investigación da USC, HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural). No 2013, publicou dentro da Serie da Cátedra Juana de Vega un Caderno de Investigación co título La consolidación social del franquismola influencia de la guerra en los “soldados de Franco” (Ed. USC). Ten participado en obras colectivas como Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura.Historia para un pasado incómodo (Catarata, 2014).

Sábado, 22 de agosto, ás 12:00h. VIII Homenaxe a persoas republicanas e libertarias na Ponte Vella do Barqueiro

VII Homenaxe a Republicanxs e Libertarixs na Ponte Vella do Barqueiro (2019)

Para rematar, terá lugar a tradicional homenaxe a persoas republicanas e libertarias na Ponte Vella do Barqueiro, acto aberto no que todo o mundo pode participar dando a súa testemuña, lendo poemas, cantando cancións, ou simplemente facendo acto de presencia.

Agardámosvos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close