VII Xornadas Micolóxicas

“Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Cariño, pola banda de Landrove…”

E foi esa choiva caída nos meses de setembro e outubro a que fixo que nas serras da Capelada, Faladora e o Xistral xurdan os cogumelos que dan sentido a unha nova edición das xornadas que Nordés adica á micoloxía.

Fotografía do grupo de asistentes á saida ao monte con J.Luis Cuba (no centro da imaxe, agachado) durante as XI Xornadas micolóxicas. Ano 2019.

Como ven sendo xa costume, nestas xornadas conxuntamos os contidos teóricos precisos para ter un coñecemento básico dos fungos e cogumelos comestibles, diferenciándoos dos velenosos e dos que non teñen valor culinario; prácticos, para non saír ao monte cun coitelo de cociña e unha bolsa de plástico e arrasar con todo o que se atope; e tamén, por último e por suposto, gastronómicos, pois o pracer de preparar o resultado da colleita polo monte e xantalo en boa compaña non ten prezo.

O que sí ten prezo é a proposta que fai Nordés, e que ven sendo de 10 euros por persoa tanto para un como para os dous días, agás para as socias e socios, que será de balde.

Propostas para as VII Xornadas Micolóxicas

Asistir a un obradoiro de cociña que terá lugar o sábado 17 no Restaurante Area Grande de San Román do Val, impartidos polo Mestre Cociña Antonio Díaz. Dispoñemos de dous turnos de 12 personas cada un para asistir: de 11 a 13 de mañá, e de 18 a 20 pola tarde.

Ao día seguinte, o domingo 18, propoñemos a saída ao monte con acompañamento do micólogo J.L. Cuba. Para un grupo de máximo 24 personas.

A día de hoxe (xoves 8) as prazas xa están cubertas, mais se queredes anotarvos na nosa lista de espera por se hai algunha baixa de última hora, podedes falarnos no 653756454 (Ricardo) ou enviar unha mensaxe a asociacion.nordes@gmail.com. As prazas cubriranse por orde temporal.

Medidas pola Covid.19

Durante o obradoiro garantizase as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias: manter a distancia de seguridade, poñerase á disposición dos grupos xel hidroalcólico, desinfección do local entre un grupo e outro. Tanto no obradoiro como na saída ao monte é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade.

Agardámosvos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close