Alternativas do Rural. Vellos oficios para un tempo novo

De onde vimos

Coma outros concellos de Galiza, Mañón, O Vicedo e Ortigueira levan moitos anos sofrindo perda de poboación pola emigración da xuventude e un crecemento vexetativo negativo. Paralelamente, a taxa de envellecemento vai en constante crecemento, aínda que, por outra banda, a porcentaxe de homes e mulleres en idade laboral sitúase arredor do 55% nos tres concellos onde desenvolve a súa actividade Nordés, e para quenes van destinadas as xornadas organizadas baixo o título de “Alternativas do rural”. Dende que comezamos no 2018 abordamos:

As “alternativas” naceron cos obxetivos de transmitir a necesidade de recuperar o rural, de manter os coñecementos de miles de anos de evolución que deron forma a unha paisaxe moi rica na súa biodiversidade, actualmente ameazada, da cal homes e mulleres foron quen, xeración tras xeración, de sacar un proveito sostido e sostible nun estado de simbiose co medio natural.

A cuarta edición adicada aos oficios tradicionais

Ese traballo a diario por sacar proveito do que se tiña máis á man para a propia subsistencia foi dando pé á configuración duns oficios que agora vimos a catalogar coma tradicionais; oficios que por esa perda de biodiversidade da que antes falamos, así coma pola competencia das grandes empresas de produción e da importación de produtos industriais, están en grave perigo de desaparecer, e con iso tamén toda unha bagaxe cultural que dende Nordés reivindicamos.

Por todo o anterior, decidimos programar esta nova edición das “Alternativas do rural” baixo o subtítulo de “Vellos oficios para un tempo novo”, para falar da xente que quere manterse no rural e que para iso emprendeu o camiño de facer da produción de queixo, mel ou sidra a base principal da súa economía, superando contratempos, trabas e dificultades nese proceso.

O queixo, a sidra, o mel e as persoas que os fan posíbles.

Das súas experiencias, coa intención tanto de dar a coñecer o seu traballo, coma de alentar ás persoas que teñen en mente poñer en marcha algún proxecto semellante ou afondar nas complicacións, falarannos o próximo sábado 20 de febreiro ás 6 da tarde.

María Veiga, de BISQATO, un taller lácteo artesanal que nace nunha pequena aldea de Labrada chamada Xiros, en Guitiriz. Na fotografía da esquerda o seu producto “Lía”.

Jesús Armenteiros, do Lagar de Ribela, unha empresa familiar estradense creada para a producción de sidra galega, elaborada con variedades autóctonas de mazás ecolóxicas.

Antonio Martínez, emprendedor de Mel do Santar (Mañón), e Manuel Rodríguez da Asociación Galega de Apicultura, da delegación do Ortegal; ambos apicultores da comarca.

Como participar?

Podedes asitir polo Jitsi Meet a través do seguinte enlace https://meet.jit.si/nordés para interactuar directamente co resto de persoas. Por favor, estade 10-5 minutos antes da hora, cos micros pechados. O venres 19 ás 19:00h. realizaremos unha proba de conexión por se alguén quere familiarizarse coa plataforma.

Para ter máis información, estamos á vosa disposición no teléfono 653756454 (Ricardo) ou no correo electrónico asociacion.nordes@gmail.com.

Tamén retransmitiremos pola nosa canle de Youtube. Recordade, o sábado 20, dende ás 18:00h.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close