Ecos da galerna do 61

Galerna é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico.

RAG


O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou a nosa comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.


A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non. Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.

Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito u outro viron afectadas as súas vidas.


Grazas ás aportacións de Hixinio Puentes, como investigador local e autor de La Galerna de 1961 (Laverde, 2005). E, en especial, ás testemuñas Pepe, Cándido e Darito; mariñeiros sobrevivintes da nosa comarca. Témola fortuna de compartires as súas lembranzas que nos axudan a entender un pouco mellor a dureza da vida no mar e a forza devastadora cando os elementos da natureza estoupan; como acontece cando en cando e o ser humano se atopa no seu devir, loitando polo seu destino.

Ecos da galerna do 61 é un documental producido por  e realizado dende Pinancho Audiovisuais. Colaboran o Concello do Vicedo e Cuarzos Industriales S.A.

Agradecemos a colaboración das localizacións: Restaurante “A Sobreposta” (O Barqueiro), Cofradía de Pescadores do Vicedo e Museo do Mar Ría do Barqueiro. Tamén polas imaxes cedidas a: Jesús Rivera Méndez, Pedro Díaz Tirsio, José Manuel Bermúdez Garrote, Ana María López Soto, José Pasarín Novo, Vicente Míguez Salgueiro, Mari Carmen Seijas, Parroquia de Santo Estevo do Val (O Vicedo), Cofradía de Pescadores de San Vicente de la Barquera.

A prensa empregada neste avance pertence aos fondos de © Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close