Proxeccións “Ecos da Galerna do 61”

O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que sairon con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.

Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo de deixar para a posteridade en formato audiovisual as vivencias das xentes do mar da nosa contorna, Nordés veu a producir, en colaboración co Concello de O Vicedo, un documental que leva por título Ecos da Galerna do 61, realizado por Pinancho audiovisuais e que vai ser estreado os días 10, 11 e 17 de xullo nas localidades do Vicedo, O Barqueiro e Espasante.

  • Sábado, 10 de xullo, Casa da Cultura do Vicedo, ás 19:00h.
  • Domingo, 11 de xullo, Centro Sociocomunitario de Mañón (O Barqueiro), ás 19:00h.
  • Sábado, 17 de xullo, Centro Social de Espasante, ás 19:00h.

Ao longo dos minutos desta mediometraxe, e tendo como colaborador no aspecto histórico da cuestión a Hixinio Puentes, “Canique”, “Pepe” e “Darito”, membros da frota boniteira que sufriu e padeceu os embates do temporal, daránnos conta das súas lembranzas, do que para eles foron eses días nos que un mar coma o que nunca viran esixía tributo en forma de vidas humanas, sendo quen de saír vivos para contalo.

Momento da gravación da entrevista a José na terraza do Restaurante ‘A Sobreposta’ no porto do Barqueiro (Mañón).

E para que tamén o contedes e sexades transmisoras da historia das nosas xentes do mar é que vos convidamos a vir ás proxeccións previstas, tendo en conta que o aforo é limitado. Por tanto, é necesaria a reserva telefónica (tamén whatsapp) ao 653756454 (Ricardo).

En cada lugar, será obligatorio o emprego de máscara como marca a normativa vixente en materia sanitaria e respectaranse as distancias de seguridade.

Agardámosvos!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close