Proxecto Ríos e ruta interpretativa do patrimonio natural do Sor

Como ben sabedes, a pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuizo foi maior, limitando a interacción entre persoas que tan necesaria é para os seres humanos en xeral e para as crianzas en particular.

Unha das consecuencias das restriccións sanitarias foi a interrupción das actividades lúdico-pedagóxicas que Nordés viña organizando regularmente en colaboración cos colexios de O Vicedo e Mañón ata a chegada da COVID-19.

Agora, coa case total desaparición das restricións, é o momento en que Nordés volve a propoñer a realización de actividades nas que desexamos contar coa participación da rapazada xunto coas súas familias e así recuperar dinámicas relacionadas coa natureza e a súa preservación e conservación. Este é o caso do Proxecto Ríos no que participa a nosa asociación, e que ten entre outros fins o de dar a coñecer os ecosistemas acuáticos, como por exemplo o do río Sor, contribuíndo a crear “unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.”

Por isto, vimos a organizar unha nova edición deste Proxecto, ao que nesta ocasión engadimos unha “Ruta Interpretativa do Patrimonio Natural do Sor”, e que terá lugar o sábado 4 de xuño cos seguintes contidos, aos que se pode asistir de xeito independente:

09:00h. Inicio da ruta interpretativa na Ponte do Porto

https://goo.gl/maps/Gk71pCMeK625K6Dy9

12:00h. Final da ruta (4km) no Refuxio da Furada e realización do Proxecto Ríos

https://goo.gl/maps/iXYEU7uB5veZ1jecA

A actividade é de balde, e agardando que o proposto esperte o voso interese quedades convidados a pasar unha fermosa xornada na que o lecer, o coñecemento, e o compromiso co medio ambiente conxugarán á perfección.

Agardámosvos! 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close