Fai unhas semanas celebramos o Día dos Océanos cunha xornada cos colexios de Mañón e O Vicedo na praia de Esteiro (Concello de Mañón). Hoxe, traemos un relato fotográfico do acontecido.
A xornada comezou de forma diferente para uns e outros: mentres o colexio do Vicedo xogaba na praia, o de Mañón gozaba do camiño baixando cara ela.
As nenas e nenos de ambos colexios escoitaron a primeira charla de Antonio Martínez sobre os porques da acumulación de plásticos no medio mariño, os problemas que presenta e os xeitos máis simples para detelo.
A charla serviu como introducción para a limpeza do areal, que se realizou en grupos de idade acompañados polos profesores e os voluntarios de Nordés.
Uns 45 min despois, estos foron os resultados:
30 bolsas cheas de refugallos abriron a segunda charla de Antonio Martínez, centrada no problema dos microplásticos.
Ao arredor destas partículas diminutas realizamos varias actividades, co fin de que os colexios puidesen visualizar e palpar o problema directamente.
As nenas e nenos, divididos en grupos de idades, recolleron area, por un lado, para cribala e conseguir atopar microplásticos.
E, por outro lado, comprobaron como os microplásticos recollidos flotaban na auga e entenderon o motivo polo cal son confundidos con alimento no medio mariño.
Ao mesmo tempo, os nenos de pre-escolar e as súas mestras realizaron un símbolo con tapas e tapóns de plástico. Recoñecedes cal é?
Exacto! O símbolo da redución de plásticos, o primeiro dos tres erres da ecoloxía que busca o desenrolo de hábitos de consumo responsable. Na seguinte fotografía, podedes ver os tres erres cos símbolos correspondentes para reducir, reutilizar e reciclar.
Un par de horas despois da chegada, as nenas e nenos recolleron os seus agasallos e…
Chegou a hora do xantar!
Para Nordés foi unha gran mañá! E agardamos que tamén o fose para os colexios.
Xornadas coma esta non serían iguais sen eles, os voluntarios!
Tamén queremos agradecer a colaboración do Concello de Mañón, de Cuarzos Industriales e dos colexios.
Advertisements