Teatro

TEATRO

Dentro do Obradoiro de Comunicación Escrita, Nordés ofrece unha obra de teatro chamada PerverSons da compañía Debulla Escénika (antes Do Miolo e Cía), subvencionada pola Deputación de Lugo dentro do Programa Buxiganga.

Esta é unha obra diferente, arriscada, tanto para a Asociación como para o espectador, que trata sobre a corrupción, a inmoralidade do ser humano, a degradación da sociedad na que vivimos. Unha oferta para un público adulto, escrita por Iria Acevedo, integrante dunha compañía con moita experiencia e que agora da un xiro crítico e social ao seu teatro.

A obra será ás 19:00 horas, o sábado 14 de novembro, na Casa da Cultura do Vicedo, dirixida a público adulto e totalmente gratuíta. Cunha duración de 65 minutos, o argumento, explicado polo propio grupo, di deste xeito:

Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin nos demáis. Tropezaba cós outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga como a mesma especie, converteu ós humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfacción dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.

887413_1510718519254473_5400489692799296890_oFotografía: Lorena do Merlo da obra PerverSons

 

 

Advertisements

Mensaxe de benvida

CARTEL DEF.

BENVIDAS! BENVIDOS!

Bernardo Penabade deulle onte a benvida aos participantes no “Obradoiro de Comunicación Escrita” a través de dúas ferramentas hoxe en día case imprescindíbeis: e-mail e whatsapp.

Profesor no I.E.S. Perdouro de Burela, encargarase da orientación do obradoiro , contando coa colaboración de José Antonio Quelle, técnico de cultura e turismo no Concello do Vicedo.  Penabade, ten participado en diferentes cursos destas características nas grandes cidades, máis na nosa comarca só participou nun, celebrado en Ortigueira no ano 1990. Aquela experiencia para el foi moi gratificante, e entenderédelo todos ao saber que un daqueles participantes hoxe en día é o presidente da entidade académica AGAL (Associaçon Galega da Língua).

A formación deste pequeno grupo de traballo é unha gran alegría para todos (orientador, organizadores, participantes). Un sentimento que agardamos que se manteña no tempo, xa que apostamos por este innovador obradoiro, que permite unha aprendizaxe moi próxima e… Por que non? Moi amena!

As presentacións xa están feitas!  Case tódolos nosos participantes xa se coñecen de forma dixital: nomes,  procedencia, profesións,… En definitiva, os primeiros pasos xa están dados!

Seguiremos informando…

 

 

 

Obradoiro de Comunicación Escrita

CARTEL DEF.

Alá polo mil douscentos

a lingua que hoxe falamos

escomenza a ser escrita

por poetas e notarios.

Darío Xohán Cabana, Historia da Lingua Galega

Nordés materializa o seu compromiso co fomento da lingua galega neste “Obradoiro de comunicación escrita”, dirixido polo noso querido Bernardo Penabade. Filólogo, mestre no IES Perdouro de Burela, forma parte do grupo de traballo que impulsa o Modelo Burela de planificación lingüística -a través, por exemplo, do programa de radio semanal, Proxecto Neo– , onde levan a cabo a alfabetización de neofalantes co obxectivo de encamiñalos cara unha fluidez comunicativa en galego.

11215701_522565301235640_2699547665935743300_nRecorte obtido da versión impresa de  “La Voz de Galicia”, 4 de novembro de 2015

O obradoiro, dirixido a aquelas persoas cunha boa expresión oral en galego pero que teñen problemas á hora de plasmalo nos soportes escritos, pretende dar solucións aos problemas dun mundo dixital. Todos temos dúbidas, só precisamos de tempo para aprender e… Gañas!

Este venres 6, ás 20:00 h., péchase a inscrición para o “Obradoiro de comunicación escrita”, onde ofertamos unhas 15 prazas. É necesario inscribirse no e-mail asociacion.nordes@gmail.com, a través dunha mensaxe a http://www.facebook.com/nordesfaladora ou no teléfono 653756454 (Ricardo).

O desenvolvemento da actividade realizarase dende o día 7 de novembro, cunha xornada presencial o sábado 14 na Casa da Cultura do Vicedo. Totalmente gratuíta!

O programa previsto é:

Obradoiro da fala. Programa

Para culminar o obradoiro, contaremos coa presenza da compañía de teatro Debulla Escénica (antes chamada “Do Miolo e Cía”), quen representarán a obra “PerverSons” ás 19:00 h. na Casa da Cultura do Vicedo. Cunha duración de 65 min., gratuíta e aberta a todo público adulto, a obra é descrita (no cartafol de “Buxiganga Proxecto Teatral” da Deputación de Lugo) como:

Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin aos demais. Tropezaba cos outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga coma a mesma especie, converteu aos humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfación dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.
Inmoralidade, corrupción, incomunicación e degradación. Unha sociedade da que somos prisioneiros. Un mundo perfecto para quen non cuestiona as normas establecidas, non tanto para os insurrectos, relegados ao desterro sen posibilidades de retorno á nova utopía social. “Benditos os que hibernan no léxido letargo do medo, porque para eles o mundo creado florece para o beneficio interesado”

Agardámosvos!