Algas, a esencia dos nosos mares

algas 2016 DEF. 2.png

Hoxe traémosvos o peche dun ciclo adicado ao mundo das algas. Nesta terceira edición, na praia de San Román (O Vicedo), damos por finalizado o noso achegamento á esencia do mar para que cada un encamiñe a súa propia relación con este gran produto das nosas costas.

DSC_0709.JPG

II edición “Algas, do mar ao plato”, na praia da Barrosa, en Céltigos.

As algas presentáronse coma “un mundo por descubrir” na nosa primeira toma de contacto, fai xa dous anos na praia da Ribeira do Carro (Loiba). Con José Antonio Canoura aprendimos os tipos, os usos e a tradición que existía detrás da súa recollida. Co tempo, entendimos o seu valor culinario e achegámonos a disfrutar o produto directamente do mar gracias á empresa conserveira “Mar de Ardora” (Ortigueira). E, logo de entender a súa importancia nos mares e no noso prato, chega o momento de cambiar de aires, seguir o vento do noroeste cara San Román e recoller a tradición que alí tamén existiu.


Por iso, o sábado 23 de xullo, contaremos coa empresa Mar de Ardora para falarnos sobre este mundo, descoñecido aínda para moitos. Nordés agardavos para escoitalos dende as 11 da mañá no “Restaurante de Areagrande” (San Román). Logo, camiñaremos polo areal ata achegarnos á zona onde proliferan as algas e poderemos ver, tocar e poñer en práctica o dito durante a charla.


Chegados a este punto, só nos queda outra forma de acercarnos ás algas: a degustación! No Chiringuito “Abrela” teñen preparado un menú con algas para todos nós, por 20€/persoa: pizza de cogumelos con algas, risotto de azafrán e gambas con alga nori e salpicón de merluza con vinagreta de espaguete de mar, máis o postre, as bebidas e o café.


Nordés tamén pensou naquela xente que non se pode achegar pola mañá á actividade ou á degustación! E que vos propoñemos? Unha ruta de pinchos con algas, de balde, nos seguintes locais, dende as 8 da noite: “Chiringuito Abrela” (praia da Abrela), o “Café-bar Alba” (O Folgueiro), o “Restaurante Casa Fanego” (San Román) e o “Restaurante Areagrande” (San Román). Máis adiante informarémosvos do nome de cada pincho/tapa.


Nesta actividade temos un tope de 60 persoas para a comida, polo que si vos interesa, apuntádevos axiña a través do 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com. Podedes usar tamén estas vías para recibir máis información da xornada. Faremos a inscrición por orde temporal ata agotar as prazas.

Queremos agradecer a colaboración a “Mar de Ardora”, a todos os negocios de restauración do cartel e ao “colectivo Pensamento e Sementeira” de Viveiro, que nos acompañarán nesta xornada.

Prazo máximo de inscrición ata o 20 de xullo.

Algas. Do mar ao plato.

Algas definitivo venres (menos calidad)

Un ano máis, Mar de Ardora, Xosé Antonio Canoura e Nordés únense para ofrecer unha xornada onde un produto do mar é o protagonista: a alga.

O ano pasado xuntámonos na Ribeira do Carro, en Loiba, unhas 50 persoas para coñecer da man deste profesional os diferentes tipos de algas presentes no areal e na súa contorna, as súas propiedades, o seu emprego na industria alimentaria ou deliciosas recetas para poñer en práctica nas nosas casas.

10514389_328667337292105_8028938955474372484_o

A praia da Barrosa en Céltigos é o noso fin este ano, máis preto ca lonxe da Ribeira do Carro. O lugar pertence a Céltigos, parroquia do Concello de Ortigueira, o noso punto de partida, xunto á igrexa do pobo, ás 10:00 da mañá. Para aqueles que nunca pisaron o lugar, ten un fácil acceso dende a carretera xeral AC-862, entre as poboacións de Espasante e O Viso.

“Do mar ao plato” é o noso lema este ano e sendo leal a él, Nordés espéravos ás 14:00 h. no Restaurante Orillamar, en Espasante, onde degustaredes un menú elaborado a partir de algas recollidas e seleccionadas por Conservas Mar de Ardora, con base no Polígono industrial Rego da Cuíña en Ortigueira. O prezo do menú é de 20€ por persoa, pregamos confirmación no teléfono 653 75 64 54 (Ricardo) antes do 13-14 de agosto.

Menú

Croquetas de algas

Revolto de algas

Empanada de algas

Pescada no prebe de 5 algas

Marmelo de algas con xeado de iogur caseiro

Pan, auga, viño e café

Seguiremos co devir do día, desta vez, visitando as instalacións da empresa Conservas Mar de Ardora. Sobre as 16:30 horas, Alberto Sánchez e Sergio Baamonde falarán sobre este bonito proxecto que utiliza materia prima da zona e ten como resultado uns produtos tanto ao natural, en conserva ou deshidratado cun exquisito sabor.

E que mellor para complementar unha xornada ca un roteiro de pinchos? A partir das 20:00 h. teremos a oportunidade de disfrutar de diferentes elaboracións a base de algas da zona na vila de Espasante, nos seguintes establecementos:

Café do tempo | Croquetas de algas
Bodegón 82 |Empanada de algas
Bar As palomas |Delicias de algas
Restaurante Orillamar |Zamburiñas con crema de algas
Cervexería de Aida| Tostas de gambas con algas
Taberna in |Tortilla de algas*
Bar Salas | Tortilla de algas*
*Feitas con algas diferentes

Dependendo da cantidade de xente que se anote para participar en “Algas. Do mar ao prato” é posible que se divida en grupos aos asistentes na praia ou nas instalacións de Mar de Ardora, co fin de facilitar o entendemento entre especialistas e oíntes.

Ao longo da xornada, poderedes adquirir camisetas e mochilas de Nordés e/ou facervos socios da Asociación, se é o voso desexo. Só vos teredes que dirixir aos membros de Nordés que se atopen na actividade, poderedes recoñecelos sen problema. Nas instalacións da empresa Mar de Ardora tamén poderedes mercar os seus produtos.

Esperámosvos o día 15 de agosto, na igrexa de Céltigos, ás 10:00 horas para comezar unha xornada chea de sorpresas.

Sinopse das “Xornadas sobre o ourizo de mar”

IMG_0167

Fai máis de dúas semanas, un grupo dunhas 30 persoas achegámonos á praia da Ribeira do Carro para coñecer o hábitat natural e o ciclo vital dos ourizos de mar. A tempada para eles é de xaneiro a abril; pero o primeiro e o segundo mes do ano son os mellores para consumilos.

Por que a Ribeira do Carro? Porque é un dos lugares onde existe un bo banco de ourizos, non o máis abundante da nosa costa, coma dicía José Antonio Canoura. Fai moitos anos, dende Loiba comezaron a saír os primeiros ourizos cara Asturias, onde son considerados un gran manxar. Tamén na Mariña Central e Oriental lles teñen cada vez máis aprecio; demóstrano adicándolles xornadas gastronómicas. E, por suposto, aos nosos veciños franceses encántanlles.

IMG_0185A Ribeira do Carro (Loiba)

José Antonio Canoura dedicouse á conserva dos ourizos fai uns anos, por iso contamos con el para esta actividade. E o mellor foi que o tempo nos acompañou.

Tras a baixada cara a praia , buscamos o mellor lugar para poder ver estes equinodermos tan esvaradíos. Explicounos que o ourizo que víamos nas rochas non eran adultos, senón crías. Facendo un percorrido dende a praia cara mar a dentro, iríamos atopando ourizos dunha idade maior ao anterior conforme avanzásemos. Pero a súa madurez está entre os 7 ou 8 anos, momento de chegada ao mercado, aínda que depende do tamaño en centímetros. A súa recollida realízase un a un, mergullándose cando é preciso.

A pesar desa tardía madurez, comezan a reproducirse xa dende o primeiro ano de vida. Esta acción realízana nuns lugares localizados, nas pozas das rochas, por exemplo, de maneira externa e masiva. Se se unen dous gametos sexuais (o esperma masculino e o óvulo femenino), comeza a fecundación nese mesmo lugar. Non dependen de naide, só de si mesmos e do entorno. Non olvidemos que os ourizos forman o seu caparazón gracias a unha alga calcárea que se atopa neses lugares.

IMG_0175Alga calcárea

No planeta existen uns 950 tipos de ourizos, pero aqueles que puidemos contemplar na Ribeira do Carro pertencen a especie denominada paracentrotus lividus. A súa cor pode variar dende verdes, pasando por roibos e pardos. Así, xunto coa echinus esculentus son das especies máis consumidas en España. Son ourizos de rocha e non ourizos de area, como outras variedades que hai polo mundo.

IMG_0174

Os ourizos son unha especie que ten regulada a súa extracción, por tanto non podemos ir á praia a collelos, e menos a comelos! Iso é traballo das mariscadoras e mariscadores. Nós optamos por recurrir á lonxa de Barallobre, por exemplo, de onde viñeron uns kilos xunto con Ricardo, o seu mariscador. El e José Antonio explicáronnos a forma de apertura destes equinodermos. Como teñen espiñas, o mellor sería coller un trapo e cun coitelo partilo á metade pola zona plana, por exemplo. Nesa zona, chamada hemisferio oral, atopamos a boca e pola inversa, no hemisferio aboral, atoparíamos a rexión anal e os orificios empregados polos órganos reproductores. Ricardo trouxo un artiluxio de fabricación propia que permite arrincarlle a boca ao ourizo, polo que xa se tería o acceso libre ao interior sen máis. A opción máis sinxela, nembargantes, é a de ir cortando coas tesoiras parte do caparazón ao arredor da boca. Intentade non mancarvos!

Ricardo co seu artiluxio para abrir un ourizo de mar

Por que xaneiro e febreiro son a mellor época? Porque a parte comestible dos ourizos son as súas zonas reproductoras, as gónadas. Aínda que teña dúas etapas de desove, normalmente realízase a súa extracción na primeira, antes do mes de abril.

IMG_0158Participantes nas Xornadas degustando ourizo de mar mercado por Nordés na plaia

Se queremos distinguir entre machos e femias o mellor é esperar a súa apertura, xa que é complicado distinguilos externamente. A cor das gónadas é a clave: laranxas as hembras, rosado ou case branco os machos. E sí, as femias son as mellores para comer, exemplificadoras dese cor alaranxado que vemos cando pensamos en comer un ourizo.

“E como podemos comelos?”, diredes. Moi sinxelo! Pódese comer tal cual, sen nada máis e directamente do caparazón. Unha delicia. Pero sempre frescos, mellor. Como moito poden aguantar uns 5 días na neveira.

Se vos apetece algo máis elaborado, deixámosvos as opcións que o Restaurante Orillamar (Espasante) nos ofreceu no xantar: croquetas de ourizo e centola; un revolto dos nosos protagonistas con algas, riquísimo e con moito sabor. Este último tivo un gran éxito, tanto como tiveron as algas o ano pasado nas súas propias xornadas organizamos por uns servidores e Mar de Ardora. Non nos olvidamos dos freixos e dos pementos recheos, así como a merluza no mollo do ourizo. Un verdadeiro menú do noso mar.

IMG_0197 IMG_0199 IMG_0205 IMG_0208Menú elaborado no Restaurante Orillamar

Introducidos nunha atmósfera descoñecida para algúns, decidimos pedirlle a Jose Antonio que nos mostrase como facer unha verdadeira conserva de ourizos. Unha opción sinxela, práctica e rica.

O ourizo proporciona aos nosos platos un gran sabor. O recomendable é unha cullerada del por cada comensal, conseguindo un prato equilibrado no sabor. Un kilo de ourizos de mar permítenos obter, máis ou menos, un 80 gramos deste manxar; máis que suficiente para unha comida.

CONSERVA

Que necesitaremos?

1 kg de ourizos de mar frescos

Auga do mar (auga doce con moita sal)

1 coadoiro de orificios medianos

1 tarro pequeno de cristal, esterilizado

1 culler

  1. Abrimos os ourizos e cunha culler vamos sacando a ova (de cor laranxa). Desbotamos o líquido, aínda que o podemos gardar para algunha receta se vos interesa.

    IMG_0217

  2. Poñemos a ova nun coadoiro e lavámola ben en agua salada (ou doce con moita sal) para sacarlle toda a tripa.

    IMG_0222

  3. Deixamos escorrer durante unhas 3 ou 4 horas as ovas e recollemos esa auga nun plato por debaixo do coadoiro.

  4. Nun tarro de cristal, mellor non reutilizado e previamente esterilizado, introducimos a ova e, se queremos, podemos botarlle unha culleriña, como moito, desa agua que escorregou. Durante a realización, a conserva creará auga que será suficiente para preservar o alimento.

    IMG_0226

  5. Realizar a conserva é sinxelo. Introducimos nun ola ao baño maría os tarros ben pechados. Non deixamos que cubran as tapas das conservas. Esperamos uns 30 minutos e xa está.

  6. Deixar a conserva nun lugar á sombra, xa que o ourizo pode oxidarse. É recomendable tapar o tarro, forralo cunha tea, ou calquera manualidade que vos guste. Pode durar en conservar entre uns 12 e 16 meses.

    *Pódense introducir as ovas escaldadas na conserva. É decir, introducilas en auga fervendo durante 10 segundos como máximo. Este paso realizaríase antes que o “5”.

    * Débese esterilizar tanto a tapa como o tarro de vidro. Este proceso faise con auga fervendo, durante uns 15-25 minutos. O mellor é non tocar o interior dos tarros e ter coidado coa súa manipulación.

Se preferimos, a opción de conxelar as ovas tamén é boa. Nese caso non deberíamos deixar escorregar o líquido, senón conservalo para tapar as ovas. Pódese usar un tupper pequeno para a conxelación e conservalos durante un máximo de 3-4 meses. O mellor logo é desconxelalos no frigorífico.

IMG_0216Asistentes no Centro Social de Loiba

Despois de pasar unha tarde repasando todo aquelo dito na praia pola mañá, falando sobre as conservas e as súas posibilidades, acabamos o día coñecendo o ourizo e sabendo un pouco máis do noso mar e do que nos ofrece.

Dende NORDÉS agradecémoslle a súa colaboración a José Antonio Canoura. E tamén a Ricardo, por traernos os ourizos e falar dende a súa experiencia.

Xornadas sobre o Ourizo de mar

11017836_10205528109897675_8758051319378835069_o

NORDÉS organiza de novo unhas xornadas que teñen como principal contexto o mar. O ano pasado coñecimos o mundo das algas, dos seus productores (a empresa Mar de Ardora) e as súas posibilidades na nosa gastronomía. Para o día 7 de marzo, ofrecémoslles a posibilidade de comezar a introducir na súa vida cotiá o ourizo de mar.

Ás 10:30 do sábado 7,  acercarémonos á Ribeira do Carro xunto con José Antonio Canoura para coñecer o hábitat natural destes equinodermos.

1025965_328666907292148_1252388059103540594_oJosé Antonio Canoura no centro do grupo asistente ás  Xornada sobre as algas na Ribeira do Carro, xullo de 2014

Aprenderemos cales son os mellores meses para mercar ourizos (“oricios” por Asturias e Cantabria), a súa morfoloxía, as instrucións e os mellores aparellos para abrirlos; así como o xeito en que se leva a cabo a súa recolección polas mariscadoras da zona e determinadas empresas.

Que mellor despois dunha mañá así que probar estas delicias nun menú? Se vos apetece, ás 14:00 h. colleremos camiño cara Espasante para disfrutar dun xantar no Restaurante Orillamar. Previsto para as 14:30 h. e cun coste de 15 euros/persoa é necesario reservar no seguinte número: 653756454. Tamén podedes mandar un e-mail a asociacion.nordes@gmail.com ou un privado ao noso Facebook.

Menú

Freixos salgados con bechamel de ourizos

Pementos recheos

Croquetas de centola/ourizo

Revolto de algas e ourizos

Pescada no mollo dos ourizos

E como Loiba sempre nos recibe ben, achegarémonos ao seu Centro Social ( 16:30 h.) para recibir unhas pequenas nocións sobre o envasado dos ourizos tamén da man de José Antonio Canoura.

O tempo dí que teremos un bo día soleado:

tiempo nordés

Imaxe obtida de eltiempo.es

 

 

Achegádevos!