IV Inspección do río Sor e ruta de sendeirismo

PROXECTO RÍOS IV

Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA que promove a “participación voluntaria no control da calidade dos ríos galegos a través de inspeccións anuais”.

Esta é a definición do Proxecto Ríos, unha iniciativa que foi trasladada dende Cataluña pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza no 2004. No 2015, 322 agrupacións participaron no proxecto, sendo maiores os niveis de participación e inspeccións na provincia de Pontevedra (correspondente coa bacía das Rías Baixas).

Nordés comprometeuse dende o seu nacemento co Proxecto Ríos e co río Sor, por tanto; aínda que non puido realizar tódalas análises pertinentes cada ano (unha en primaveira e outra en outono). Por iso, neste mes de marzo de 2016 da a oportunidade non só de formar parte deste proxecto (que mesmo ten unha importancia peninsular) coa IV inspección do río Sor senón tamén de disfrutar da paisaxe da veiga do río Sor.

Que análises se realizan? O fin é o de mostrar a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica do río Sor en diferentes tramos. Cada parámetro analiza un aspecto concreto do río ou da súa contorna: o hábitat, o bosque, a ribeira e determinadas alteracións coma a cor da auga ou o seu cheiro marcan a calidade hidromorfolóxica; por outro lado, a calidade fisicoquímica establécese mediante a medición da temperatura do río, o pH,  os nitratos e o osíxeno disolto;e, por último, a presenza ou non dunha serie de macroinvertebrados, reptiles, árbores e vexetación, marcan a calidade biolóxica.

A inspeccion é unha actividade interactiva que une aos participantes co río, co seu coidado e co hábitat que o rodea, podendo ser plantexado coma un xogo para os máis pequenos da casa. Estará guiada por Antonio Martínez, técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais.

10259021_311278789030960_3346267945356486862_o

A ruta de sendeirismo plantéxase dende parte da asociación como unha actividade complementaria que consiga atraer xente ás inspeccións e que as convirta en fieis participantes para asentar o Proxecto Ríos máis alá de Nordés. De tódolos xeitos, que mellor para protexer o río e a súa contorna que cunha ruta de sendeirismo? Ademáis guiada por xente especializada, Jaime Casás, de Actividades Estaca.

Por todo isto, a proposta para o sábado 19 de marzo é a seguinte:

1269445_575962622562574_7932733587612880865_o

  • Punto de quedada para aquela xente que non saiba chegar á Ponte das Ribeiras do Sor, no bar A Goleta, no Barqueiro (Mañón), ás 09:00 horas.

  • 09:30 horas, inicio da ruta (dificultade media) na Ponte das Ribeiras e remate 8 quilómetros despois no refuxio Ponte de Ulló, cara as 12:30 horas.

  • Primeira parte da inspección no tramo do refuxio de Ponte Ulló, remate cara as 14:30 da tarde.

  • De xeito opcional, ofrécese a posibilidade de quedar a xantar no refuxio de Ponte Segade, cada un coa súa comida, para asistir á segunda parte da inspección do río Sor neste punto.

NOTA: Deixaranse os automóviles na Ponte das Ribeiras e logo dende o refuxio de Ponte Ulló haberá algún para aquela xente que se queira volver.

AGARDÁMOSVOS!

Toda a información  deste pequeno artigo está sacada da páxina http://www.proxectorios.org/ e do “Resumo do informe do 2015” de ADEGA, dispoñíbel nesta ligazón:   aquí.

Mes do medio ambiente co Proxecto ríos o día 23 de maio

Cartel para imprimir en EME

 

Este sábado 23 Mañón convírtese no centro da bisbarra en materia de Natureza coas actividades que organizan as asociacións “O Son do Sor” e “Nordés”.

Deste xeito, o día comenza ás 10 da mañá nas beiras do río Sor, no lugar de Ambosores, onde se facerá a primeira das dúas análises e recollida de mostras coas explicacións instructivas do Técnico de ADEGA Paco Banhobre, namentras a segunda facerase a partir das 12 na Ponte Segade.

Este tipo de medicións supoñen a continuidade do compromiso de Nordés co Proxecto Ríos, unha iniciativa de ADEGA que promove a participación voluntaria no control da calidade dos nosos ríos, e que, no caso desta asociación, céntrase nos ríos Sor e Esteiro. Engadir que tamén se van recoller mostras, pero esto xa fora do Proxecto, para analizar as augas do Rego da Veiga, no Vicedo, e do río Esteiro no Barqueiro para saber da súa aptitude para o baño, xa que ámbolos dous desembocan en praias moi frecuentadas (Xiloi e Esteiro).

Para ese mesmo día, pero xa a partir das 6 da tarde, a asociación “O Son do Sor” propón varias actividades relacionadas cos morcegos, estos descoñecidos mamíferos.

11246977_459249387567232_6273787796349622306_n

Primeiro haberá unha charla á devandita hora no local De “O Son do Sor” por conta de Roberto Hermida co título de “Os morcegos de Galicia”, achegándonos ó coñecemento de cales son os que poderemos atopar na seguinte parte da xornada, xa na Ponte Segade de novo, e dende as 8 e media donde se prepararan as trampas e se explicará o funcionamento dos ultrasóns que usan os morcegos para orientarse.

A captura e recoñecemento será a partir das 10 da noite e rematando arredor das 11 e media, polo que se aconsella levar algo de comer.

Decir que tanto a actividade de Nordés coma a de O Son do Sor están abertas a tódolos públicos.

Xa sabedes: O 23 de maio ¡¡achegádevos ó Concello de Mañón!!