Viaxa con Nordés

LUGO DEFINITIVO MODIF. 2

A asociación decidiu fai un tempo realizar viaxes fóra da nosa zona para coñecer o patrimonio natural e histórico doutras. A primeira opción elexida foi a cidade de Lugo, cunha historia de dous mil anos que presenciou a Muralla, declarada no ano 2000 como Monumento Patrimonio da Humanidade. Nordés e os seus acompañantes xa a percorreron cun experto no mes de novembro e agora será testigo da volta da asociación, para completar o percorrido e os nosos coñecementos. Quen dixo que segundas partes nunca foran boas?

14991284_693825530776282_1498344296142398023_o

O grupo de viaxeiros escoitando ao experto durante o paseo pola Muralla de Lugo.

O sábado 22 de abril, Nordés voltará a Lugo con aquelas persoas que desexen coñecer en profundidade o Museo Provincial, un espazo que alberga: mobles e utensilios tradicionais, maquetas de construccións típicas galegas, aras votivas romanas, reloxos de sol, exemplos de arte sacra e ouvería antiga, materiais arqueolóxicos da provincia prehistóricos e romanos, así como un gran exemplo de arte galega moderna e contemporánea (Maruja Mallo, Puchades, Xulia Minguillón, etc.). Para saber máis premer aquí.

Logo achegarémonos á Catedral de Santa María, construída entre o século XII e XIII por iso podemos atopar entremezclados nela o estilo románico, gótico,barroco, renacentista e neoclásico. Din que a parte máis importante dela é a Porta Norte,  un pórtico realizado sobre o ano 1500 onde podemos atopar unha imaxe da Santa Cena e dun Cristo lendo, imaxe esta do século XIII. A catedral tamén alberga o Museo Diocesano.

O xantar en Lugo, programado para as 14:30h., estará composto por calamares, empanada, croquetas, tortilla, pulpo á feira, raxo, táboa de embutidos, postre, café e chupito.

Dende alí desprazarémonos cara un castro característico e exemplar da cultura  do Noroeste para camiñar entre foxos e murallas para chegar a acrópole do Castro de Viladonga. Este espazo estivo habitado sobre todo entre o séxulo II e o V despois de Cristo polo que é un exemplo perfecto para “coñecer, estudar e comprender o mundo dos castros e do mundo rural na etapa galaico-romana”, tal e como din na páxina oficial. O espazo do castro atópase estructurado hoxe en día en “barrios”, aos cales se lles atribuen diferentes características e funcións.

Cando o castro comezaba a destacar na paisaxe da Terra Chá, o Miño xa era coñecido e cruzado dende séculos antes.  Achegarémonos aos “berces” deste río, marca da identidade galega: no concello da Pastoriza, a Lagoa de Fonmiñá e, no concello de Meira, o Pedregal de Irimia. Tanto un como o outro lugar foron inspiración de mitos, contos e poemas; nunca sen deixar de lado a controversia que os rodeaba sobre o verdadeiro inicio do río galego. Aínda que hoxe en día xa sabemos que nace no Concello de Meira.

“Cando chegaron os monxes a Meira vivía por alí unha vella meiga (maga) chamada Irimia que se negou a pagar os tributos. Os frades, entón, decidiron expropiala pois tiña propiedades moi apetecibles, abundantes en fontes para dar de beber ao gando. A meiga, en vinganza, decidiu cortarlles o abastecemento de auga facendo medrar grandes pedras ata agachar as fontes; e xurou que nunca poderían beber “destas augas de meu” (ou sexa, “miñas”, e de aí “Miño”?). E así quedou aquel lugar, coas pedras disimulando as fontes que fan do Miño un río máxico desde o seu nacemento.”

Lenda achegada por M. Corbelle a Galicia encantada

Tras este paseo e se o tempo e o percorrido o permiten, pararemos no Mosteiro de Santa María de Meira, fundado no século XII pola orden do Císter, aínda que é probábel que funcionase nese lugar unha casa benedictina xa no século X. O Mosteiro foi entregado en estado ruinoso ao concello no 1845 e da súa restauración pódese visitar a igrexa e algunhas dependencias anexas. (Para saber máis: aquí)

O horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00h.

Se vos interesa a nosa viaxe, tanto para viaxar sós ou en familia, o prezo  é de 20€/persoa para socios e de 25€/persoa para non socios, neles inclúense o desprazamento e o xantar.

Realizaremos a inscrición en orde temporal de chamada ou mensaxe a: 653756474 (Ricardo), asociacion.nordes@gmail.com ou a www.facebook.com/nordesfaladora.

Agardámosvos!

Xornadas forestais

XORNADAS FORESTAIS DEFINITIVIO 10.3

A data aproximada de chegada do eucalipto a Galicia é o 1850, cando se pensa que xa existía unha plantación na parroquia de Santa Marta de Ortigueira. A orixe das sementes é descoñecida pero desbota, por tanto, a teoría que  respaldaba que as primeiras foran enviadas dende Australia polo Frai Rosendo Salvado. A realidade é que o frai benedictino enviou sementes do xénero Eucalyptus pero dunha especie diferente á que xa se atopaba no territorio(1).

A chegada destas especies foi documentada tamén noutros lugares de Galicia  como  Pontevedra no 1865 e Ribeiras do Sor no ano 1867, introducido polos Maciñeira. Cara o 1880 plántase en Viveiro “o avó” na zona de Chavín, coñecido hoxe en día como o eucalipto máis alto de toda Europa. Neste lugar en concreto é posíbel que a plantación fora dedicada a drenar a zona que se atopaba entre o río e unha fábrica textil (2).

Vemos, entón, un manexo utilitario da introducción deste xénero en impedir futuras inundacións do terreo. Seica tamén puido ter o mero valor ornamental dunha árbore exótica. Unha realidade que une o devir do eucalipto cos pazos galegos, é dicir, coas familias máis ricas. O certo é que dende aquel momento ata a actualidade a súa historia vai decorrer cara o aproveitamento dunha árbore con propiedades curativas, a súa madeira para diferentes usos e a producción de celulosa, impulsada polas políticas franquistas de reforestación con coníferas.

A instalación de celulosas en Pontevedra e Navia nos anos 60 fixo que se producise un “boom” na plantación de eucalipto, que mesmo chegou a subvencionarse nos anos 90 (3). A rentabilidade económica foi o factor decisivo á hora de plantalos en leiras e prados que deixaron de usarse como tal por diversos motivos: migración da poboación cara a núcleos urbanos, baixa rentabilidade do mundo agrícola e gandeiro, a xubilación de productores, etc.

A plantación do xénero Eucalyptus en Galicia e España ten os seus defensores e os seus detractores. A polémica chega ata os nosos días e para demostralo non hai máis que leer os xornais (4) e ver iniciativas como “Stop eucalipto, avante carballo!” (5).

Xa Castelao no 1927 dicía que a paisaxe de Galicia estaba desnaturalizada, unha afirmación que hoxe en día semella máis que evidente na nosa zona. Por iso queremos convidar á xente de Ferrol, Eume, Ortegal e A Mariña ás “Xornadas forestais” de Nordés.

O sábado 18 de marzo, a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo contaremos cos seguintes expertos e profesionais para  que nos falen dos usos do monte e do seu aproveitamento máis aló do eucalipto:

Xosé Albeiros, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), presentará o proxecto “Cousa de Raíces“. Unha campaña que naceu no 2014 dende ADEGA e que conta coa participación de máis de 50 entidades pola defensa do bosque autóctono galego a través do seu coñecemento e posta en valor. Desta maneira a charla falará doutros aproveitamentos e das alternativas ao eucalipto, valorando tamén a lexislación vixente.

Logo dunha pausa, contaremos coa experiencia de Fran Domínguez, resineiro de Loiba, que se gaña a vida cun uso alternativo dos nosos bosques.

E para rematar, Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal, falaranos dos usos do monte galego e dos servizos que pode prestar á cidadanía galega. Tamén do impacto do monocultivo de eucalipto no noso país.

Achegádevos ao mundo da silvicultura con Nordés!

______________________________

Bibliografía:
(1)Quian, A. “Así chegou o eucalipto a Galicia, arredor de 1850” En Galicia Confidencial, 5 de xaneiro de 2017:  http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/45106-chegou-eucalipto-galicia-arredor-1850
(2)(3)”El eucalipto y su conquista del Noroeste (1)” En  Galicia Agraria, 8 de outubro de 2011: http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2011/10/el-eucalipto-y-su-conquista-del.html
(4)Beramendi,M. “Medio Rural prohibirá plantar eucaliptos en zonas de Galicia” En La Voz de Galicia, 14 de xaneiro de 2017: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/01/14/medio-rural-prohibira-plantar-eucaliptos-zonas-galicia/0003_201701G14P35991.htm
(5) “Hai un fervedoiro de xente á espera de organizarse para dar unha resposta á eucaliptización” En Praza Pública, 15 de marzo de 2017: http://praza.gal/movementos-sociais/13840/hai-un-fervedoiro-de-xente-a-espera-de-organizarse-para-dar-unha-resposta-a-eucaliptizacion/
“Manifesto STOP EUCALIPTO… AVANTE CARBALLO!” En Grupo Naturalista Hábitat, decembro 2015: http://gnhabitat.blogspot.com.es/2016/02/manifesto-stop-eucalipto-avante-carballo.html

 

 

 

Sinopse da “Toponimia do Nordés”

Nordés contou coa colaboración de Xosé Luis González o pasado sábado 11 de febreiro para falar sobre a toponimia do Nordés.

16587154_749674785191356_2005863943097887786_o

No Salón de Actos do Concello de Mañón, Xosé L. González á esquerda na mesa, no centro Bernardo Penabade e na dereita da mesa, María Jesús Armada.

Para abrir o acto contamos con Bernardo Penabade -filólogo e profesor no IES Perdouro de Burela- quen presentou á mestra María Jesús Armada como nova Presidenta de Nordés para logo continuar a falar sobre o noso convidado.

Xosé L. González comezou o acto remarcando a riqueza non material da cultura galega, neste caso a dos topónimos: entre 2 e 4 millóns de referencias só no noso país, máis que en todo Portugal, o que supón ao arredor dun 40% do total de España.

Durante toda a súa intervención, Xosé remarcou que se están a perder estes topónimos pola falta de uso xa que os lugares deixaron de ser útiles, por exemplo, nun período onde a agricultura ten un peso menor. Tamén aproveitou a ocasión para animar aos presentes a recolleitar nomes para evitar que se perdan no tempo.

Cando se fala de topónimos tamén hai que ter en conta aqueles relacionados co mar, moi abundantes pero que teñen unha menor presenza nesta charla. De tódolos xeitos, en xeral, os nomes dos lugares poden semellar que teñen un significado moi alonxado do real. Este só aparecerá tras aprender a técnica específica para o estudo da toponimia, onde os estudos lingüísticos son tan importantes coma os históricos, tendo que manexar documentos antigos para contrastar a información da tradición oral, por exemplo.

Nesa documentación antiga aparecen nomes da bisbarra como -en 1488: San Panteón, San Payo de Riobarba, San Romaao do Vale, Santa Maria de Maanon, Sayoan de Loyba, Santa María de Soueros ou Santa María de Vares.

O primeiro dos nomes elexidos para explicar a súa orixe foi Riobarba: con raíz indoeuropea. O significado de “barba” garda relación con “ferver, bulir”. Polo que se deixa ver que existía unha corrente de auga, un río. Máis tarde, no 1488 o nome aparece “fosilizado” o que quere decir que “barba” perdera xa o seu significado común indoeuropeo.

16716121_749675231857978_420887838713711804_o

Público no acto “A Toponimia do Nordés” no Concello de Mañón (O Barqueiro)

Durante unha hora adicouse a explicar diferentes nomes elexidos para a ocasión como Mañón, Bares, Punta do Preguntoiro, O Manxofrío, As Grañas, As Viñas, O Bazalar, A Devesa, A Pallaza, O Coído da Atalaia, A Pena da Vela, O Facho. Estes últimos están relacionados coa etnografía. Outros nomes relaciónanse con ruínas: Mamuelas, Os Muimentos, O Marco, O Sartego. Por outro lado, aqueles emparellados coa orografía: Chelo, A Forqueta, A Ínsua, Valdesuso,  A Congostra, O Viso. Outros que teñen que ver con nomes de donos medievais dos lugares, fitotopónimos e algúns apelidos con posíbel orixe en Mañón e O Vicedo.

Para saber a orixe e evolución dos anteriores nomes, convidámosvos a achegarvos a cada blog que Xosé L. González creou na Rede: por exemplo, “A Pena da Cataverna”.

Tamén podedes escoitar a charla a continuación e ver as diapositivas que mostrou ao público no Barqueiro picando aquí: toponimia-do-nordes.

Moitas grazas aos nosos convidados e aos asistentes, entre todos fixéchedes que esta actividade fose un éxito.

Ata a próxima!


Máis fotografías aquí , no Facebook de Nordés.

 

Por que vir a unha charla sobre toponimia?

a-toponimia-do-nordesO sábado 11 de febreiro ás 20:00 h. Nordés organiza unha charla sobre a orixe e a evolución dos nomes do lugares na nosa bisbarra, presentada por Bernardo Penabade e guiada por Xosé Luis González.

Xa presentamos ao noso convidado nun anterior “post” ao que podedes acceder picando aquí. Nese pequeno resumo atoparedes as razóns principais para vir escoitar a charla: coñecer, conservar e difundir o patrimonio da nosa zona.

Todos nós sabemos de nomes de lugares e mesmo da súa orixe, pero outras persoas non teñen esa sorte. Por esta razón actuamos coma portadores do saber: persoas que coñecen a súa contorna e acollen no seu ser historias e contos relacionados cos lugares. Xeralmente son persoas de certa idade, as cales propoñen variacións para un mesmo lugar ou relato. Por iso, canto máis nos preguntemos a nós e a eles, máis coñeceremos.

Esta conservación do saber axúdanos a observar a paisaxe sendo conscientes dos aspectos lingüísticos, históricos e xeográficos que se enlazan nun nome. Ao fin, este coñecemento modélase para ser difundido en diferentes capas da sociedade que modificarán o saber, se é preciso, nun futuro.

Dende Nordés pensamos que o mellor xeito de achegarvos a esta ciencia é a través das explicacións que Xosé Luis González lle da a algúns lugares dos vosos concellos. Se tedes algunha aportación, non dubidedes en comunicalo:

 

O CACHEIRO (O Vicedo, As Negradas)
Tendo en conta os posibles significados frente ao contexto deste caso, dada a situación dos dous topónimos do concello, en terreos nos vales, a acepción sería a mesma que a usada ainda actualmente en Dodro: “leira pequena traballada e coidadapreto das aldeas“.
Outra acepción sería de “cachar” (roza, cultivo por primeira vez): a de “terreo de mato, de monte, que se roza e queima para sementar trigo ou centeo”. Porén, no contexto dos dous casos, ao non estaren próximos a monte, a acepción de Dodro parece máis razonable.
Di Sarmiento: “Cachar significa rozar y quemar un terreno lleno de matorrales para sembrar en él centeno o trigo. Cachada es esa heredad y cacheira un terreno muy espacioso para el mismo fin”.
En Portugal recóllese este mesmo significado. Cf. aquí “cachar”. *1

 

AS LEIRAS DO SAIÑAL (Mogor -lugar de Fraixo)
O Saiñal é un lugar da parroquia do Barqueiro. Unha “saíña”, significa “salina”, de “sal”. Por tanto, “saiñal”, co sufixo abundancial, sería un “lugar con sal”.
É importante remarcar que o significado alternativo de “saíña” é o de diminutivo de “saa/sá” (do xermánico sala), aínda que pola situación costeira cremos sexa neste caso relacionado con “sal” e non con “saa”, máxime cando se usa co sufixo “-al”, pois non tería moito sentido o de “lugar onde abundan as saas”. *2

 

A SILVAROSA (Covas, Vieiro)
Podería indicar un “lugar onde abundan as silvas”. Aínda que os dicionarios non rexistran este termo, pois o habitual sería “silveira” ou “silveiral”, si rexistran “silvaral”, polo que silvarosa quedaría igualmente explicado, sendo ambos, -al e -osa, dous sufixos abundanciais.
Tamén é probábel unha orixe no latín Silva hederosa, “bosque con hedras”. De feito, na Fonsagrada, existe un “Silvadrosa”, moi probablemente con esa orixe (cf. Piel). *3

 

SISMUNDI (Cariño)

Este topónimo ten a orixe nunha forma *(villa) *Sismundi, referindo un “possesor” medieval da villa (granxa) chamado Sismundus, nome de orixe xermánica, formado en base ao prototema *Sis “canto ritual ou funerario”, e ao deuterotema *mundaz “protección,garda”.

É interesante lembrar que, aínda que o nome teña orixe xermánica, non se pode derivar en absoluto que o posuidor da “granxa” tivese tal orixe, sendo apenas unha “moda” medieval. *4

 

Se tedes curiosidade, agardámosvos na charla!


*1 GONZÁLEZ,X.L. “Toponimia do Concello do Vicedo” (on line) http://toponimiavicedo.blogspot.com.es/

*2 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia do Concello de Mañón” (on line) http://toponimiamanon.blogspot.com.es/

*3 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia do Concello de Viveiro” (on line) http://toponimiaviveiro.blogspot.com.es/

*4 GONZÁLEZ,X.L. “Apuntes de Toponimia de Cariño” En Terras do Ortegal: revista de estudos locais, nº2. Ortigueira: Asociación Terras do Ortegal, 2015,pp. 143-155.

 

 

Xosé L. González: entre a industria aeronáutica e a investigación toponímica

O sábado 11 de febreiro ás 20:00 h. no Salón de Actos do Concello de Mañón -no Barqueiro- contaremos coa presenza de Xosé Luis González para falar da orixe e da evolución dos nomes dos lugares da Mariña Lucense e do Ortegal.

a-toponimia-do-nordes

Bernardo Penabade -filólogo e mestre no IES Perdouro de Burela- abrirá o acto cunha presentación do noso convidado mais hoxe achegarémonos a súa vida e afección.

Xosé Luis González naceu en San Roque, na parroquia das Negradas -O Vicedo-, nunha familia de agricultores. San Roque fora chamado antigamente o “Lugar do Pazo”. Un familiar contáralle cando era un neno que o pazo fora propiedade dun virrei das Filipinas na época de Filipe II chamado Gomes  Peres das Mariñas. Xa de maior, logo de comprobar este feito, descubriu que o señor antes de marchar ás Filipinas dera unha festa onde chegaron a servir empanada de congro.

11144962_496643137161190_4516080617738763785_o-1

X. L. González nun acto de Nordés

Xosé escoitou o galego dende pequeno na súa familia. Aos 12 anos, estudando no Vicedo, quedou marabillado coas obras “Longa Noite de Pedra” e “Viaxe ao País dos Ananos”. Celso Emilio Ferreiro achegouno ao galego escrito a través dunha linguaxe rica e natural. Este suceso tivo un especial significado na súa vida: <<pasaba de falar algo sen referencias a unha lingua “seria”>>. Na secundaria , xa na Coruña, aproveitou o acceso á biblioteca onde existía un bo fondo de literatura en galego. Dende alí, marchou a Madrid e convertiuse en enxeñeiro de Telecomunicacións, pola Universidade Politécnica.

Hoxe en día segue na Meseta, adicado á industria aeronáutica, pero conserva o contacto coa comarca natal a través da Rede, onde mantén diversas páxinas de divulgación toponímica.

Contáballe Xosé L. González a Bernardo Penabade que o seu blog “A Pena da Cataverna” é unha páxina xeral de toponimia, onde coloca aqueles artigos máis globais ou que pensa que poden ter máis interese. Alén diso, mantén un blog para cada un dos 13 concellos traballados: Barreiros, Valadouro, Alfoz, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Muras, Xermade, Ourol, Vicedo e Mañón. Outro concello do que aínda non ten un blog propio é Cariño; sobre el realizou un artigo chamado “Apuntes de toponimia de Cariño” publicado na Revista de estudos locais, Terras do Ortegal, nº2 (2015).

Xosé Luis González cubre, a través dos blogs e de xeito exhaustivo, toda a toponimia oficial dos concellos, tanto a “toponimia maior” como a “toponimia menor” ata chegar ao último “tarreo”. Este intenso traballo de investigación e difusión responde a uns obxectivos claros:

1. Poñer en valor a historia e a cultura local a través da toponimia e demostrar que, detrás de nomes de lugares hai unha historia moi antiga e, tal vez, moi interesante, pedente de descubrir e aprezar.

2. Deixar un rexistro das súas notas de toponimia para que nun futuro, se alguén estivese interesado, teña un traballo inicial do cal partir, para correxir e completar.

Sabíades que hai un lugar nas Negradas chamado “Salgueiros”? Sabedes de onde vén? Xose Luis cree que de non anotalo a súa orixe poderíase ter perdido, xa que é un recordo de neno.

“Salgueiros” provén de “Os alugueiros”, xente que tiña alugadas as terras.

3. Gozar da cultura con algo diferente á lectura dun libro ou do xornal.

Quen non pode estar interesado en saber a orixe de nomes tan fermosos como “A Punta do Preguntoiro” ou de nomes tan intrigantes históricamente como “O Mouriscón”, “A Arrufana” e outros nome de aparente orixe mourisca ou árabe, presentes en Mañón e nas Grañas do Sor?

 

Como vedes, o noso convidado para o sábado 11 de febreiro é un bo exemplo de defensor da nosa cultura e do noso patrimonio.

Agardamos que neste “post” atopárades motivos polos que achegarvos ao mundo da toponimia!


Para acceder aos blogs dos concellos só é necesario facer “clic” sobre o seu nome.

 

 

 

 

 

 

 

 

A toponimia do Nordés

a-toponimia-do-nordes

Disque nun tempo non moi lonxano, nun pobo chamado O Barqueiro, había un grupo de música tradicional de nome “Os Barallocos”, pero… ¡Vai ti saber que relación garda co lugar da Baralloca! Este grupo, composto por gaitas, bombo e tamboril percorreron a bisbarra: Xilloi, Folgueiro, Riobarba, As Grañas, Segade, Negradas, Soutomoro, O Picón… E moitos sitios máis, todos eles próximos, pero caracterizados, ao tempo, por unha singularidade que deu nome a “Os Barallocos”: a toponimia, que è coma decir a ciencia que recolle, analiza e estuda os nomes dos lugares xeográficos e a súa orixe.
Por isto, Xose Luis González recolle dende fai anos os nomes dos lugares da zona da Mariña e o Ortegal, deixando a súa pegada na Rede a través dunhas bitácoras que medran e medran sen fin. O sábado 11 de febreiro xiraremos con él a cabeza cara o pasado e veremos a aqueles que “pasaron por estas terras e lles deron nome”.No acto estará o noso compañeiro, profesor e filólogo Bernardo Penabade quen, a partir das 20:00h. no Salón de Actos do Concello de Mañón (O Barqueiro), se encargará de presentar ao noso convidado e o seu traballo.
¡Vós! ¡Xentes que vivides entre o Rego do Bidueiro e a Estaca, de Soutollo ata o Rego do Quiza! ¡Xentes do Nordés! Dende hoxe ata o sábado 11, amosaremos no noso Facebook e no noso blog o motivo polo que paga a pena asistir a esta actividade. É ben verdade que todos podemos achegar nomes de lugares, aínda que vivan agochados entre as silvas… Aínda que semellen perdidos na memoria.

III Xornadas micolóxicas

cartel-micoloxia-iii-2016-definitivo

O micólogo José Luis Cuba plantou fai tres anos algo así coma unha árbore micorrizada no seo de Nordés, facendo que as esporas dos fungos que naceron neste tempo se espallaran, e medraran novos, atraendo a curiosidade de socias, socios e afeccionada/os ao mundo da micoloxía coas xornadas de iniciación do 2014 e do 2015. Agora, xa que pretendemos asentar os coñecementos aprendidos, gozaremos da recolleita na mañá do sábado 26 de novembro cun grupo de 25 persoas polos hábitats que elixa o noso micólogo. Comezaremos cedo, polo que o Restaurante “A Goleta”, no Barqueiro, será o noso punto de reunión ás 8 da mañá. E… Recordade! Levade roupa axeitada, unha navalla e un cesto (ou os que queirades).

E se pola mañá recollimos os productos, ás 19.30h. o Nordés achégaos á cociña do Restaurante “Orillamar”, en Espasante, para que sexan os ingredientes principais na demostración gastronómica para un grupo de 25 persoas.

[Para asistir a ambas actividades ou a unha soa é preciso chamar ao 653756454 (Ricardo). O custe da saída ao monte é de 5€ e gratuíto para socias e socios. Tamén é de balde, para 25 persoas, a demostración gastronómica no Orillamar.]

Cal é a mellor maneira de acabar unha xornada micolóxica? Comendo! Ás 22:00h., o Restaurante “Orillamar” terá preparado para 75 persoas un menú que estará composto de: crema de tres cogomelos, revolto de níscalos, salteado de boletus con xamón, xarrete en salsa de cogomelos e crema de iogur con castañas, algas e boletus. O seu custe é de 20€ por persoa e tamén é preciso anotarse no número de teléfono 653756454 (Ricardo).

Por se a saída, a demostración e a cea non vos convencen pero queredes degustar algunha elaboración con cogomelos, o Restaurante “Orillamar” terá, dende as 20:30h. ata as 22:00h., as seguintes tapas á vosa disposición (a 1,5€/unidade): tosta de cogomelos con xamón, queixo de Arzúa e cebola caramelizada, pementos recheos e chícharos con xamón e chantarela.

Chamade, collede o chaquetón e animádevos a pasar unha xornada de outono máis con Nordés! E este día cheira a humidade, terra e cogomelos cociñados!

Viaxe a Lugo con Nordés

actividade-nordes-viaxe-a-lugo

De seguro tí, que estás a ler este texto, coñeces Lugo. Case seguro tamén, paseache pola súas murallas. E pode ser que che dera por pensar, preguntar ou interesarte no quen, como, cando e por que as fixeron.

Non che sería difícil dar con respostas a esas preguntas pero, non che gostaría facerllas a unha persoa experta no tema ao tempo que volves a camiñar por esas milenarias murallas lucenses?

E se ademáis completas o teu coñecemento do Lugo román e prerromán con visitas guiadas a lugares tan interesantes coma:

  • a Casa dos Mosaicos:  unha domus romana do século III-IV d.C. que conserva dous marabillosos mosaicos e está musealizada in situ. 

  • o Museo Provincial de Lugo: onde se recollen bens artísticos, históricos e prehistóricos relacionados coa provincia de Lugo.

  • o Centro de Interpretación da Muralla:situado no casco histórico, é un edificio que permite comprender a importancia da muralla para a cidade dende a súa construcción ata hoxe en día.

  • a Domus de Mitreo: domus romana do século II-III d.C. cunha extensión que sobrepasaba a muralla feito polo cal foi expropiada.

Pode que xa espertásemos o teu interese, e o que che falta para decidirte son tan soio uns poucos máis datos, coma o de que a nosa guía será Aurelia Balseiro, a Directora do Museo Provincial de Lugo.

A todo esto engadimos un xantar no mesmo Lugo é, que máis se pode pedir para pasar un día na cidade do Miño?, pois que Nordés o organice para o sábado 5 de novembro, que é un día que che ven como anel ao dedo porque non tiñas plans, e que o custe sexa de 20 € (15€ si es socio de Nordés), incluindo o xantar e o desprazamento en autobús.

Agora o que tés que facer e darte presa e chamar canto antes a Ricardo ó 653756454 para reservar, pois as prazas son tan soio 25. Ou mandar unha mesaxe, ben ó enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com , ben ó noso face: www.facebook.com/nordesfaladora

Pois xa sabes, a reservar e estar coma un reloxo o sábado ás 9 no Teleclube do Barqueiro ou ás 9 e cuarto na Casa da Cultura para coller o bus, e veña, hic sumus Lucus Augusti!!.

“O inspector”, teatro con Nordés

cartel-o-inspector-bo

O sábado 8 de outubro agárdavos unha cita co teatro no Vicedo da man de Nordés. O inspector é unha obra, subvencionada pola Deputación de Lugo a través de Buxiganga -Proxecto teatral educativo-, representada polo Grupo de Teatro de Ribadeo.

13407276_986504098113754_4640036544675698032_n

Grupo de Teatro de Ribadeo

Esta obra é unha sátira de Nikolái Gógol (Ucrania, 1809) onde fala da corrupción da burocracia do Imperio Ruso e da codicia humana. A adaptación realizada polo Grupo de Teatro de Ribadeo traslada a escena a unha pequena vila galega e está destinada a tódolos públicos. Poderase entrar de forma totalmente gratuita, ás 20h. na Casa da Cultura do Vicedo, para seguir a chegada ” dun home misterioso, confundido co inspector” que desencadeará unha vertixinosa espiral de enganos e subornos.

Agardámosvos!

Memoria de unos días inolvidables en O Barqueiro

(“VI Xornadas Memoria dun Tempo”, agosto de 2016)

14231240_657503764408459_4838054442183619726_o

No centro Matías Escalera Cordero- mestre  e escritor madrileño- recitando un poema durante a celebración da IV Homenaxe a Republicanos e Libertarios na Ponte Vella do Barqueiro. Á súa esquerda, Hilda Farfante- antiga mestra e familiar de mestres asturianos represaliados- e á dereita, Bernardo Penabade -filólogo e mestre no IES Perdouro de Burela –  quen realizou unha adaptación en galego do poema de Matías.

Por Matías Escalera Cordero

Este verano, tuve la suerte de ir dos veces a Galicia, la primera, a la Feria del Libro de A Coruña, a principios de agosto, y, la segunda, a mi querida Mariña Alta de Lugo, a la segunda edición de la Feria del Libro de Burela, a finales de ese mismo mes. Y, durante ese fin de semana, tuve la inmensa fortuna de participar en las “VI Xornadas Memoria dun Tempo”, en O Barqueiro, del concello de Mañón, organizadas por un grupo de personas asombrosas, que contra toda previsión lógica logran, años tras año, organizar unos encuentros de calidad e intensidad extraordinarias.

Entre los actos que constituyen las jornadas, desde hace cuatro años, está el emocionante homenaje a las víctimas republicanas y libertarias asesinados en el cercano Ponte Vella do Barqueiro.

Justo el año pasado, durante la primera edición de la Feria del Libro de Burela, tuve la oportunidad de conocer, a través de la persona que me ha conectado con la memoria de la Mariña Alta, mi queridísimo amigo Bernardo Penabade, alma de tantas cosas buenas en toda la comarca, los sucesos acaecidos en ese lugar, durante un paseo inolvidable acompañado de Hilda Farfante, otro espíritu indomable de la memoria y de la dignidad de las víctimas, y de la novelista Marta Sanz, que había sido invitada, como yo mismo, a la Feria del Libro de Burela.

A lo largo de ese paseo, Hilda y Bernardo nos fueron contando lo allí acontecido y, desde ese momento, me propuse contribuir de algún modo al homenaje que al borde del camino, junto al pequeño monolito que recuerda y honra a las víctimas, cada año, desde hace unos cuantos, allí se celebra. Y este verano pude cumplir ese deseo… Así, cuando Bernardo Penabade me dijo que mi estancia en Burela coincidiría con las Xornadas de O Barqueiro mi alegría fue enorme.

El acto fue intenso, emocionante, sencillo, verdadero y austero, como eran las víctimas… Hubo intervenciones al borde del llanto, y otras directamente entre lágrimas, y las bellas canciones de Andrés Rodríguez; todo con una dignidad acorde con la de quienes recordábamos… Mi intervención fue la lectura de un poema de mi último poemario, “LA CACERÍA DE LOS HOMBRES CONEJOS”, dedicado a todas las víctimas de la barbarie fascista y militarista, que Bernardo Penabade tradujo al gallego, en una versión intensísima, exacta y vibrante que nos estranguló la garganta, por momentos. Gracias por ello, querido amigo; y gracias a todos por acogernos como lo hicisteis, a mí y a los otros forasteros que, de modo casual o intencionado, participamos en ese acto.

Pero el verano y las circunstancias me iban a hacer otro hermoso regalo, asistir a algunas de las sesiones de las Xornadas, además de al homenaje a las víctimas de la Ponte Vella… Especialmente, asistir a la hermosa intervención de Claudio Rodríguez Fer (que, parece increíble la casualidad, aunque esta en realidad finalmente no exista, fue la persona amiga que me ayudó a presentar mi último libro en la Feria de A Coruña, unas semanas antes, sin saber aún, ninguno de los dos, que de nuevo coincidiríamos en O Barqueiro) y su mujer Carmen Blanco, con unas actuaciones plenas de emoción y contenido, dedicada a las “mulleres libres e vida liberada fronte á ditadura”.

Y para culminar todo, tuve la inmensa suerte de asistir también al conmovedor recital protagonizado por Miro Casabella, el primer cantautor gallego al que en mi juventud escuché (junto con mis muy queridos y admirados Fuxan Os Ventos); y, de nuevo, Andrés Rodríguez, en el Bar Queiro, de O Barqueiro. Un broche de oro a unos días maravillosos. Moitas grazas, compañeiros.

Matías Escalera Cordero ( Madrid, 1956) é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma. De xoven, foi bolseiro do Instituto Pushkin de xoven, exerceu a docencia na universidade de Ljublijana (Eslovenia). Agora é mestre en  Alcalá de Henares ademáis de adicarse ao xornalismo especializado e á literatura a través da edición e da escrita en todos os xéneros, conseguindo premios como o Margarita Xirgu en 2009, pola súa labor dramatúrxica. O seu último poemario foi presentado este 2016 na Feira do Libro da Coruña e titúlase Del amor: de los amos y del poder: de los esclavos (Amargord, Madrid). Forma parte de AMECECA, asociación creada no 2010 para “restaurar la dignidad y la memoria de las víctimas republicanas de la Guerra Civil y la Posguerra en la ciudad de Cáceres”. No 2014, levantaron un Memorial no cemiterio desta cidade extremeña.