NORDÉSnace a comezos do 2013 da vontade dun pequeno grupo de xente interesado en impulsar o desenvolvemento de tódolos elementos das chamadas “Terras da Faladora”. No seo desta terra atópanse os seguintes municipios:
As Pontes, pertencente á comarca do Eume.
Muras, formando parte da Terra Chá.
Ourol e O Vicedo como parte da Mariña Occidental.
Mañón e Ortigueira na comarca do Ortegal.
O primeiro propósito do colectivo é dar a coñecer e promover os valores patrimoniais, ambientais e naturais, así como económicos, históricos e culturais da nosa bisbarra cunha mirada posta no pasado, no presente e no futuro.
Os fins principais da asociación céntranse nas propostas da divulgación e da posta en uso do patrimonio cultural, natural e etnográfico dos concellos; con atención especial ao desenvolvemento de actividades en defensa do medio ambiente e desfrute responsable do mesmo. Asemade a asociación pretende promover o uso da lingua galega e das súas peculiaridades dialectais, así como dar a coñecer as personalidades relevantes e a súa historia nos ámbitos cultural, medioambiental e económico vencellados as nosas terras.
Entre os futuros proxectos da asociación atópase fornecer o contacto cos veciños e coas asociación locais dos concellos das “Terras da Faladora” na procura de colaboracións que axuden ao necesario desenvolvemento das comarcas.
As actividades levadas a cabo dende o 2013 ata o día de hoxe tiveron lugar en distintos puntos dos concellos xa ditos: O Vicedo, San Román do Val, O Barqueiro, Ambosores (Ourol-Mañón), Mañón, Bares, Ponte Segade, Loiba, Ortigueira e Espasante. En todas elas se obtivo un satisfactorio nivel de acollida.