Segunda vida. Bicicletas para todas.

Imaxinades unha nova vida para esas bicicletas esquecidas nas vosas casas?

No ano 2019 veu a luz en Galicia unha asociación, Recycling, co obxectivo de darlle unha nova vida ás vellas bicicletas que fican abandoadas en faiados, alboios e demais sitios onde gardamos os trastes e as cousas que pensamos que nalgún intre poden voltar a sermos de utilidade, ainda que moitas veces ese momento non chega e vanse deteriorando co paso do tempo ata que xa non serven para nada e rematan no lixo.

De seguro que moitas das persoas que están a ler este texto teñen gardada esa bicicleta ou bicicletas que xa non usan porque, ben mercaron unha mellor, máis grande ou ben por calquer outro motivo que os levara a deixala esquecida sen darlle ese uso para que foron feitas: rodar e rodar.

Recycling recolle esas bicicletas que xa non queremos, ponas a punto e fai entrega delas a persoas que precisan desde medio tanto a nivel nacional como internacional.

Nordés xa colabourou na entrega e desde fai uns meses garda bicicletas donadas pola veciñanza para entregar. De hoxe nun mes, faremos a seguinte entrega e, por iso, facemos de novo un chamamento para que a xente dos concellos de Mañón, Ortigueira e O Vicedo interesada en facer doazón de bicicletas se poña en contacto connosco para a entrega ( 653756454 ou en asociacion.nordes@gmail.com).

Agradecemos a aportación solidaria e a difusión da proposta.

Categorías 2024,Novidades

Deixar un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close