Sétima edición. Alternativas do Rural. Actividades artísticas.

O espazo das terras da Faladora é unha realidade complexa, onde as personas teñen diferentes xeitos de relacionarse co territorio e os seres que o habitan. Un conxunto de ritmos naturais e artificiais compasados e que conforman un(s) mundo(s) rural(is) que fuxen da romantización. Espazos que poden pero tampouco teñen por que contrapoñerse co(s) urbano(s), ao ser vistos por moitos hoxe como un “continuum”, tras (case) perder a principal característica que existía para a división. O que antes era un eixo central para a maioría, agora é unha lectura concreta, pero tamén é todas as dependencias e dinámicas pouco equitativas, onde a hexemonía está na man de quen(es) marca(n) o(s) tempo(s) e os discursos.

Entre todo isto, emerxeron xeitos de vivir, mirar e relatar as terras da Faladora. Lugares que aínda se definen como periféricos para moitas, pero onde o presente quere e pode falar da transmisión de saberes, dunha(s) cultura(s) basexadas na creación. Porque poucas cousas máis importantes hai ca nosa imaxinación, esa facultade que nos fai empáticas, sociais e funciona como un motor. E como un artista e teórico británico escribiu: “a imaxinación non é a capacidade de inventar, como se pensa ás veces; senón a capacidade de revelar o que xa existe”.

Por isto, nesta sétima edición das Alternativas do Rural (2024) centrarémonos nas persoas que desenvolven actividades artísticas na nosa contorna. Para compartir o seu xeito de mirar a(s) realidade(s) que habitan, dos seus fins, dos factores que condicionan a vida que elixiron e porque todo isto deu forma ao seu sustento actual. A través dunha pequena mostra dos seus traballos, ben a modo de exposición ou proxección, queremos mirar as artes feitas desde o territorio para que outras persoas poidan imaxinar, de xeito crítico, que existen diferentes modos de vida.

O sábado 24 de febreiro (desde as 16:30h ata as 19:00h) no “Abeiro do Sor” (Mañon)

Empregaremos o formato faladoiro aberto a todo o mundo para coñecer a ollada de:

O domingo, 25 de febreiro (de 11:00h a 14:00h.) Obradoiro de cerámica.

Espazo “Artemanía” de Leila de Artexxanas

Coñeceremos de primeira man o proxecto de Leila. No seu local de Ortigueira, chamado “Artemanía” (Avenida de Gaitas, nº 27), asistiremos a un breve obradoiro cerámico onde realizaremos unha peza decorativa de xeso cuns relevos botánicos.

O obradoiro necesita inscrición previa porque as prazas están limitadas e ten un custe:

  • De 10,00€ para persoas xa asociadas a Nordés neste 2024
  • De 20,00€ para aquelas persoas que non están asociadas.
    • Podedes decidir asociarvos (20,00€/ano) para gozar do prezo reducido do obradoiro (10,00€) e recibir o noso calendario das Escolas Indianas das Terras da Faladora.

Máis información, dúbidas e inscrición necesaria para o domingo 25 no teléfono 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com.

Agardámosvos!

Categorías Sin categoría

Deixar un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close